Tribuna Viva
Comunicado da Asociación Vellez Digna
A día de hoxe a situación nas residencias de anciáns esta a tornarse insostible non so para os anciáns se non tamén para os traballadores.
Na de Ribadumia dúas auxiliares teñen que coller unha baixa tras un ataque de ansiedade, a coordinadora de baixa por estrés e 4 enfermeiros abandonan o non poder soportar por mais tempo a sobrecarga de traballo e o risco de cometer erros nas medicacións e ser responsables das consecuencias, na de Ballesol de Pontevedra as traballadoras xa saíron a manifestarse contra a situación, na de Ribadumia farase proximamente, na de Viveiro (Domusvi) tamén se queixan da mesma problemática e na de Aldán (tamén Domusvi) farán proximamente tamén mobilizacións, nesta residencia son obrigados a quendas de 10 días consecutivos e non lles conceden os descansos que lles corresponden por convenio.
Cando isto supón para o traballador unha baixa por estrés as mutuas, que son empresas con ánimo de lucro, din que esas baixas son por enfermidade común e deberían ser consideradas como accidentes laborais.
Non lles conceden os descansos que lles corresponden por convenio.
A sobrecarga de traballo nos centros residenciais provoca un goteo constante de traballadores que renuncian a traballar neles e de feito non topan facilmente persoal cualificado que acepte eses traballos polas malas condicións laborais que chegan a ser de auténtico acoso.
Esta situación laboral repercute inevitablemente nos anciáns.
Esta asociación quere manifestar publicamente o seu apoio as traballadoras e traballadores das residencias galegas e pide as familias dos residentes que se manifesten o lado dos mesmos e os apoien, tamén anima ao persoal das demais residencias que aínda non se atreven a denunciar a súa situación a que o fagan, entre todos podemos cambiar esta situación insostible.
Actualmente as rateos de persoal de trato directo por residente son de 0,35 traballadores de atención directa por cada residente dependente e de 0,2 por cada residente válido.
As residencias "súbenlle" o grao de dependencia aos anciáns ao seu antollo (cobran máis canto máis dependente é o residente) e o fan con independencia das valoracións da Xunta, pero non suben o número de auxiliares de enfermería/xerocultoras de acordo coa rateo establecida, xa de por si insuficiente. Ante esta práctica, a Xunta di que todo está ben. Asumindo como válido o que se lle di dende a empresa sen verificar cantos residentes validos e cantos dependentes hai.
Ademais debemos ter en conta que esta rateo debe distribuírse en tres quendas para cubrir as 24 horas do día e cubrir tamén os dous días libres que corresponden semanalmente a cada traballador, co cal una residencia de 150 anciáns que teña 34 auxiliares (caso real) so dispón de 13 o 14 traballando efectivamente para erguer, asear, cambiar de cueiros, vestir, alimentar, etc. a tódolos residentes en cada quenda, iso si deixa so 3 para a noite. Vense obrigados a realizar estas labores contra reloxo, sofren sobrecarga de traballo e os prexudicados finais son os anciáns.
Cónstannos que en certas franxas horarias as traballadoras están desbordadas, sobre todo pola mañá ao levantar e realizar o aseo persoal e á noite á hora de deitara os residentes, sufrindo estes as consecuencias da falla de persoal.
Nin os familiares nin a sociedade podemos, nin debemos, consentilo.
Pola noite non hai médico en practicamente ningunha residencia no seu lugar hai unha soa enfermeira para atender a 150 residentes e normalmente 2 auxiliares/xerocultores, noutras 3, é dicir, durante o horario nocturno (10 horas) hai un nivel, mais que baixo, temerario, de cobertura asistencial.
As empresas que xestionan as residencias privadas, tampouco contemplan cubrir as ausencias dos traballadores por motivos como a morte dun familiar ou permisos retribuídos en xeral (consultas médicas, hospitalización de familiar, redución de xornada por garda legal e lactancia, etc.); nin as horas sindicais, habitualmente tampouco se cobren nin as baixas nin as vacacións do persoal técnico vulnerando así aínda máis as rateos isto afecta a: traballador/a social, psicólogo/a, animador/a, fisioterapeuta, coordinador/a e persoal tan sensible como o corpo de enfermería ou médico, sendo habitual que se cubran as ausencias de médico con médicos doutras residencias con só media xornada de presenza física ou incluso sen médico presencial en todo o día!. A Xunta coñece esta situación e non actúa, dándoa por boa.
Estes feitos provocan unha carga de traballo "impresionante" nestas residencias e o persoal está "moi queimado"; os abusos sobre eles son constantes e xa hai varias denuncias e inspeccións de traballo que confirman os excesos que sofren e que finalmente como xa dixemos, repercuten nos anciáns.
Nas residencias, sobre todo nas privadas, pídense imposibles aos seus traballadores: a avaricia á hora de aforrar en persoal por parte das empresas provoca erros na atención personalizada, falta de hidratación e desnutrición nas quendas de asistidos, maiores cos cueiros sucios durante horas, problemas para dar tratamentos, erros na subministración da medicación, falla de hixiene, feridas que evolucionan mal por falla de coidados, perda de obxectos persoais, etc. ... o sistema está tan deshumanizado que os residentes teñen, en moitos centros, uns horarios intempestivos, por exemplo, levantando e aseando aos nosos maiores ás 6 da mañá por falta de persoal para facelo de 8 a 9, interrompendo seu descanso natural, esta alteración provoca estados como somnolencia ó longo do día, falta de concentración, torpeza nos movementos e risco de caídas.
Todo isto encaixa claramente nos supostos de maltrato por neglixencia, maltrato por abandono e maltrato institucional, ( relacionado moi directamente coa falla de persoal ) que definen o INSERSO, a OMS e a propia Xunta nasúa "Guía de actuación coordinada contra o maltrato de persoas maiores ou adultas con discapacidade", un manual informativo estupendo pero que na práctica non ten aplicación en Galicia onde estes tipos de maltrato son totalmente habituais nas residencias da terceira idade.
Con esta situación Domusvi e outros fondos voitre, que se están facendo co sector, aproveitan para especular e reducir os gastos ata límites insostibles, buscando enriquecerse obscenamente ante a complicidade da Xunta de Galicia que non só non actúa, senón que non dubida en deixar en mans privadas a xestión das súas propias residencias, sen obrigalos a manter unha asistencia de calidade nin un traballo digno en condicións laborais adecuadas.
Ao final, o que debera ser un servizo para os nosos anciáns convértese nun negocio suxeito a especulación, cos beneficios, e non coa boa atención, por bandeira.
A "Guía de actuación coordinada contra ou malos tratos de persoas maiores ou adultas con discapacidade" cita no punto 2.5.4. como "factores de risco (de maltrato ) asociados á institución" :
- A sobrecarga de traballo, a falta de persoal, os baixos estándares de atención…. Todo isto habitual nas residencias.
Como "Indicadores relacionados cos profesionais" cita:
- Profesionais "queimados" no traballo diario, tensión laboral e falta de motivación, dificultades de comunicación entre os profesionais …. .É un feito que o persoal das residencias está queimadísimo pola sobrecarga de traballo e os abusos laborais constantes sobre eles.
Preocúpanos que os traballadores teñan que asinar cláusulas de confidencialidade se con iso se trata de encubrir actos de mala praxe e moitos tipos de deficiencias, máis alá do relacionado coaconfidencialidade dos datos dos residentes. Cremos que esta práctica é rexeitable, porque: que encobre realmente? Que temen que se descubra?
Cremos, non só que se debe anular tal práctica, senón que se debe establecer unha canle a través do cal os traballadores das residencias puidesen transmitir a inspección aquilo que ven como unha mala práctica.
Neste sentido, pedimos á Xunta unha valoración da opinión dos traballadores/as das residencias privadas ou concertadas.
Un traballo estable e de calidade é necesario xa que non facelo pode xerar unha situación de falta de atención para os nosos maiores que precisan de coidadores referentes de xeito permanente.
O constante cambio de persoal afecta moito aos internos xa que os novos auxiliares de enfermería/xerocultores teñen que aprendelo todo de cada residente e cando xa coñecen as súas necesidades, os cambian e os internos perden as súas referencias.
Propoñemos no tocante o persoal as seguintes modificacións :
- 0,450 (4,5 auxiliares/xerocultores por cada 10 persoas usuarias) para o apoioás actividades da vida diaria a dependentes.
- 0,300 (3 auxiliares/xerocultores por cada 10 usuarios que non necesiten apoioás actividades da súa vida diaria.
- 0,006 (aproximadamente 1 traballador para cada 150 persoas residentes) para o traballo social.
- 0,046 (1 por cada 20) para a atención de enfermería.
- 0,025 (1 por cada 40) para a terapia ocupacional (animadora ).
- 0,02 (1 por cada 50) para a terapia psicolóxica e a pedagóxica.
- 0,02 (1 por cada 50) para a médica.
- 0,02 (1 por cada 50) para a fisioterapéutica.
Así mesmo, pedimos que se manteñan a fin de semana, festivos incluídos, as mesmas cocientes que durante a semana en : enfermería, terapia ocupacional, auxiliares/xerocultores e medica
E en atención nocturna:
- 0,12 (1,2 auxiliares/xerocultores por cada 10 persoas usuarias) para o apoioás actividades da vida diaria a dependentes;
- 0,80 (0,8 auxiliares/xerocultores por cada 10 usuarios que non necesiten apoioás actividades da súa vida diaria
- 0,033(1 por cada 30) para a atención de enfermería;
- 0,007 (aproximadamente 1 por cada 150) para a médica.
- Obriga de dispor nas residencias de servizo externo, ou interno, de logopeda, podólogo, oculista e unidade socio-xeriátrica (á parte do que xateñen de psicoloxía, dentista, traballo social, fisioterapia, perruquería e animación ).