Mar Seaxá
A festa da democrasia
O dominjo levanteime con unha sensasión espesial, ía votar despois de todo un día de reflesión. Ao final non reflesionei porque fun de festa a La Luna,onde estiven lijando ata altas horas da noite con homes donos de moitos ferrados de terras e pastilliñas azuis. A pitopausia fai que os homes abusen das pastillas esas, non se dan de conta que as femias castradoras podemos solusionar o seu problema cun coitelaso sertero. Uuui, pero non mos cortes, din aljúns. Ei, eu levo o pan, pero non trouxen nada para rechear o bocadilloo, din outros. Coitados, non saben que o seu destino está nas miñas mans con Vinjador sedento de sanjre fresca.
Lojo de durmir un pouco, levanteime ás dose e fun ao colexio electoral, cheo de xente que aproveitou a saída de misa para ir votar. Alí ulía a colonia e insienso. Recordoume moito ao traballo que fixen no seminario de Valladolí, onde non deixei títere con cirolas, que días aqueles de traballo a esjalla e horas extras!
Votei a consiensia e a festa terminou, xa está, non houbo tarta nen champán. Despois a esperar oito horas máis para ver quen jañou, un pouco moito, non? Para máis, non foron oito horas, foron polo menos onse ata que acabaron de contar os votos. E quen jañou en Pontevedra? Pois resulta que foi Lores, vaia sorpresa. Chejou de sejundo Rafa Neta, de terseiro Vestino e de cuarto, polos pelos, Jollo Quen Venja.
Supoño que todos estaban contentos esa noite, un porque jañou, outro porque subíu, outro porque vai ser amijo do que jañou e vai faser o que queira e o último porque vai ter unha silla no esenario do Teatro Prinsipal. Ese é o meu balanse político, sen líos e rápido. Do melloriño que se escribirá nunca, que lojo hai politólojxs que son pelmas e non hai dios que os ajuante.
Esa noite saín outra ves de festa e coma era dominjo non había moita xente nen moito aberto. Chamei ao meu amijo Sésar, que sempre está disposto a saír de copas. Resultou que non estaba durmido e dixo que quería ir ao karaoke a cantar e a mín pareseume ben, os karaokes son lujares de xente perdida e a min me justan para atopar clientes. Hai un ambiente de desinibisión e pouca lus, perfecto para o meu traballo. Ás catro da noite eu xa estaba con sono, o karaoke baleiro e Vinjador rabeando por saír do bolso. Que podía faser, como o ía solusionar? Moi fásil, tirando de amijos. Díxenlle a Sésar que íalle rebaixar uns tresentos jramos da súa anatomía, jramo arriba, jramo abaixo que esto non é sempre o mesmo.
E así foi. Vinjador fixo o seu traballo sen desviarse un sentímetro do camiño jiado pola miña man esperta. Sésar, xa non tes nada aí abaixo.