Alexandre Alberte Moreira
Meu embarazo, só exame de glicosa
Desde que cheguei as 9.35 horas, ata que me fun as 11.44 horas, concibín un conto, que parín entre a tardiña de onte e o mediodía de hoxe..., foi todo un pracer, e sen epidural
Ata agora 17.20 horas non atopara relación entre meu embarazo e o conto..., agora caín a relación é a curva...
“A RAPARIGA DA CURVA...”.
Corría o mes de Xuño do ano 2.003, comezaba o Verán, e os “Amig@s da Cultura Celta”, iamos celebrar por décimo ano consecutivo, o Solsticio de Verán, este ano o Sol alcanzaba o cénit sobre o Trópico de Cáncer Ó mediodía do día 21.
A Festa celebrámola na “Taberna dos Druídas”, no Lugar de A Cavadosa, pertencente a Concello de Carballedo e na Parroquia de Caroi, era unha “Casa Galega”, con unha Solaina de Arquitectura impecable no primeiro andar, no soto, onde antigamente abicábanse os cortellos, e a “caldeira de Gas Animal”, estaba o Pub “Merlín sen Familia”.
A entrada o Pub, era o antigo portal do carro das vacas, era un portalón de dobre folla, coroado con unha lumieira con un enxeñoso arco de descarga, unha vez traspasado o seu úmbral, atopámosnos unha estancia de 10*5 metros cadrados, no centro da habitación hai unha mesa de 8*2, onde ceamos @s trinta e tres “Amig@s da Cultura Celta”, unha cheminea, seis bufardas, e 13 candelabros eran toda a decoración que precisábamos, iso e a música axeitada para a ocasión.
O menú deste ano consistía, en:
1. Sopa de Caldo Celta.
2. Cocido de Porco Celta.
3. Filloas a Pedra e Castañas Asadas.
4. Café de Pota. Augardente Branco e de Herbas.
Viños Ribeiro e Albariño,
Licores de Merda, de Avelloes.
A cea comezaba as once, e pregábase a maior puntualidade, se o día fora o máis longo de todo o ano, a noite non sería menos.
Despois de coller uns cedes, para ambientalo camiño, Alan Stevel, Gabriel Yacoub, Emilio Cao, Xorima, e Loreena Mackennitt, entre outr@s, eran xa as 21.45 horas, cando saín de casa, as 22.18 horas atravesaba Carballedo, e ó cede “Live in Dublin” do bretón Alan Stivel remataba, agora era a quenda de “No manto da auga” de Emilio Cao, collín pola Parroquia de Valongo, e a estrada cada vez revirábase máis, a ausencia de lúa, e a existencia de árbores a ambas beiras do camiño, invitáronme a reducila velocidade..., ía con tempo..., e comezou a soar, “Sara”..., e eu cantaba: “a Sara, Sara..., erguendo a vela entraba no mar..., hai Sariña faime un traxe co vento..., mímame..., faime subir coma unha estrela azul...”, acababa de deixar atrás unha dobre curva..., cando o saír da ese..., ó fondo dunha “longa recta”, de case 100 metros, de onde partía unha curva de dereitas, coma nun escalextric, algo branco e brillante, cinteleaba, baixo a luz da farola na parada do bus...
Metín a primeira, “marcha”, e achegueime a modiño..., cando as luces cortas, “as do Megane...”, permitíronmo, vin que era unha muller..., unha moza ben moza..., e facíame sinais para que parara, lembreime entón de lker Jiménez..., e da lenda urbana da “muchacha da curva”, cando estiven case a súa altura, sabía que non debía continuar...
Parei o coche a súa beira, efectivamente era xoven, o seu vestido era branco, de licra brillante e tan axustado que diría que ía espidiña..., senón fora porque era mulata...
Abrín a porta, e xúrovos que nunca vira unhas zancas, coma os de Naomi Campbell, tan preto de min, e é que o vestido era aínda máis curto que axustado..., convideina a entrar no coche..., calzaba uns zapatos brancos de fino tacón de agulla, e levaba un pequeno bolso de man da mesma cor..., era alta sen necesidade de tacóns...
Deume a man, e un escalor frío percorreu o meu corpo dende a punta do pes ata a coróinlla...
Chamábase Alba e era Xamaicana de Kingston, a razón de que estivera soa, nunha estrada solitaria as 22.33 horas dun Sábado, era que rifara co seu mozo, cando a levaba o traballo..., aproveitei para poñer o cd “Buffalo Soldier” de Bob Marley,, ela comezou a facerlle os coros a Bob, mentres seu corpo contoneábase no asento, e eu beliscábame nun brazo para ver si estaba esperto...
Durante sete minutos, eu repartín os meus ollos..., entre... os seus dous muslos, un ollo por muslo...
O cabo dos sete minutos, ela indicoume que tiña que parar..., a nosa dereita, nunha gran explanada, unha casa de dous andares e un gran neon rosa que “rezaba”: “CLUB LA BUONA VITA”, doume un bico e despedímonos..., ou non...?.
Non me lembro do que pasou esa noite, e non sei se o culpable foi o Licor da Merda, os Gin Kas ou a Coreoacantocitosis, só sei que no día máis largo do ano..., pasei a mellor noite da miña vida...
Dende ese día, Sábado 21 do ano 2003, o misterio de “La chica de la curva...”, converteuse para min nunha revelación, “A mulata das CURVAS...”, calquera sábado, chamo a MILENIO 3, e cóntolle a Iker Jiménez, o MISTERIO que me aconteceu nun SOLSTICIO DE VERÁN..., traquiliñ@s que vos aviso...
Posdata: Aínda que hai moita xente que non o saiba, sempre fun e son, máis Internacionalista que Nacionalista Defensivo...