Mar Seaxá
O Triacuín
Lojo dunha semana moi estresada, desidín ir pasear con Marela, a miña vaca. Fun polo monte a ver si Mareliña desjastaba as pesuñas un pouco, xa que tanta manicura está a acabar co meus aforros.
Cando chejei á casa o meu selular comensou pitar coma un tolo, pensei que me estarían a chamar as compañeiras de bolillos, que tiñan unha palillada na prasa da aldea e deixeinas tiradas. Eu abúrrome palillando, son máis de acsión. Pero non, o que me chamaba era Erundino, o fojeteiro, un home que sempre ten un final esplosivo, non sei coma o fai, pero é coma se estoupara de alejría e nerviosismo.
Pois iso, que me chamaba para ir á capital, que seica había unha cousa que lle chaman tríatlon e que polo mesmo presio podíamos ver coma unha persoa corre, nada e vai en bisi. Pareseume unha boa idea iso do tres por un, que coa crise hai que faser de todo.
Cando chejei,estaba todo cheo de homes e mulleres do tríatlon e eu, que son coma a presidenta da Diputasión, comensei a falar con eles coa miña soltura idiomática que me caracterisa. A todo iso, o fojeteiro sen apareser e a mín ninjén me deixa prantada. Non me importou moito, porque eu aos des minutos xa me fixera amija de aljúns deles, que, a verdade, estaban mellor que Erundino, onde ía parar!
Dixéronme que ían ver a Cuin, e eu pensei que non se daban de conta do que desían, non podía ser e ademáis era imposible. Pero fomos á prasa do Consello e... alí estaban os de Cuin! Miña nai, Cuin en persoa e en Pontevedra! Por aljo é alcalde Lores, o que non poida faser el, non o fai ninjén. Resusitou a Fredi Mercuri e tróuxoo ata diante da concurrensia de Pontevedra, que saltaba e cantaba coma tola. Eu vin que Fredi estaba un pouco máis fondón, pero era o normal lojo de anos de estar morto. Bastante era que lle serviran as camisetas de asas brancas que puxo no xou.
Eu, que máis ben son jevi, non me din de conta ata dous ou tres vermús máis adiante que aljo non ía ben. Fredi estaba raro, non sabería desirvos que, pero os antidepresivos dábanme janas de jomitar e o meu coitelo Vinjador estaba desexando que o collera xa, sen dilasión, ao mesmo tempo que a vosesiña isa que escoito no meu serebro estaba a disirme que tiña que coñeser a Fredi en persoa.
Coleime no baquesteis e vin diante de min a Fredimercuri, pero non falaba injlés, seino porque estou vendo o Luar sutitulado e así vou aprendendo. Estaba a enjanar a todo o mundo faséndose pasar polo cantante de Cuin. Eu xa estaba ensendéndome toda e chamei ao alcalde para disirlle que o estaban a enjanar e que lle dixera ós da comisión de festas que non pajaran a ises suplantadores. Vinme na obrija de salvar a honra de todas as que estábamos alí e, de súpeto, vino claro. Saquei a Vinjador do meu bolso e dun coitelaso sertero corteille os juevos fasendo que dende ese mesmo intre o falso Fredi teña que poñer un par de calsetíns na enteperna do seu pantalón apretado.
Femia Castradora