Tribuna Viva
Destrozos no entorno da praza da Castaña
A Asociación de Veciños "Río Lérez", quere denunciar, unha vez máis, a inseguridade na que viven os veciños e veciñas do entorno da Praza da Castaña e Avenida de Bos Aires, tódalas fins de semana, debido a un ambiente de lúmpen que frecuentan o Pub Búho Azul sito na Avenida de Bos Aires.
Esta xente-lúmpen cando sáen do devandito Pub, saen colocados de todo tipo, polo que non controlan nin respectan.
Non hai máis que asomarse as fins de semana polas mañáns dos sábados ou domingos para ver o espectáculo de mozas e mozos descolacados, mozas borrachas e medio desnudas, e todo o que un se poida imaxinar, aparte da agresividade e pelexas que os veciños temos que soportar.
Esta fin de semana pasada, xa en pleno día, xa que ese Pub esta aberto casi ata o medio día, uns gamberros que saían moi mamados e colocados, estiveron arrincando os bolardos do entorno da Praza da Castaña, tirando un deles nos baixos das vivendas de Tafisa e deixando uns cantos arrincados ou torcidos.
Pero ademais destes desmáns, os veciños detectan a tráfico de drogas no entorno, incluso falan de ter visto a menores vendendo droga nos arredores da Praza da Castaña.
Dende a Asociacián de Veciños Rio Lérez, solicitamos públicamente ás autoridades que corresponda, maior vixianza as fins de semana no entorno deste pub, pois son xa moi coñecidas as pelexas e molestias que causan aos veciños do entorno, xa que o perfil da xente que frecuenta ese lugar, trátase do lúmpen de Pontevedra e Comarca que de madrugada aterrizan alí ata casi a media mañá.
Asinado. Pilar Lavia Villanueva
16.05.2013