Mar Seaxá
Outra vez fóra
Logo das eleccións é tan doado facer análises que ata eu vou facer un. Unha análise sen pretensións, non vaia ser que algún gurú da opinión vaia pensar que estou a sacarlle o posto. Non, eu vou ao meu e non me preocupo nen sequera en ler a moitos que van de politólogos e entendidos dos que o que din vai a misa. Diso trata a opinión, de dicir ou escribir o que unha pensa.
Bueno, pois iso.
A verdade é que estou leda de que os de Coz non levaran tantos votos coma dicían, que un xa pensaba que ían arrasar coma os nazis pre Hitler. As demostracións de machiños fóra de tempos escuros a verdade é que xa soio enganchan ós restos de rancixs casposxs. Si, tamén hai mulleres que comulgan co que propoñían estes do aborto, das armas e dos espectáculos con animais. É difícil de crer, pero así é. Debe ser que ver ao seu líder cabalgando ao lombo dun cabalo pon tanto coma ver a Putin co peito ao aire cruzando as tundras de Rusia. Hai seguidorxs para todo, mirade coma vende aínda Bertín Osborne, que o peta tamén cortando xamón e xogando ás cocinitas cos invitadxos. Pura esencia Varón Dandi, tan do gusto dos de Coz.
As de Unidas Podemos, aínda que conservan parte das súas votantas, parece que unhas cantas fuxiron sen saber moi ben a onde. Pode que a Ciudadanos, Psoe ou a outros grupos minoritarios. Non sei moi ben, nin xs que afirman que o saben o saben de verdade. É a post cociña electoral, tan fiable coma a pre electoral.
O caso é que eu penso que moitas votantes quedaron decepcionadas polo traballo que fixeron na súa primeira lexislatura, polo que saíu ó público de cousas coma non ter cotizando a axudantes, mercar casas na contorna de Madrid, e fuxidas sorpresas con alcaldesas. A maioría dos seus e súas votantes son currantas en precario que non entenden esas cousas e un non soio ten que ser honrada, senón que ten que parecelo, según se di.
O Psoe, gañou votos porque se situou no centro da escena política, aínda que as súas siglas os califiquen de socialistxs e obreirxs. Agora son novo centristas e acomodadxs (PNCAE a partires de agora). Dentro do panorama que daban as enquisas pois aínda non saíu mal a cousa, prefiro a Sánchez que a o de Coz. Agora está por ver se goberna ou non coas de Unidas Podemos, estaría ben ver que fan unidas as dúas.
O PP, que case xa non é partido nen popular, levou o chorreo destas eleccións, pese a liderar o grupo o golfiño de Aznar, que pretendeu co seu apoio que a xente votara a Casado coma se fora a súa reencarnación. Pois non, non houbo sorte, vai ser que Aznar non é tan añorado coma el cre. Penso que tampouco axudou moito os amiguiños que fixeron polo sinuoso camiño da precampaña, como o fillo de Suárez, un perfecto inútil na política, coma se puido ver en cada unha das súas intervencións dignas dun machista con poucas luces. Tamén é que Casado non tiña moito onde apoiarse, nen sequera nel mesmo. Agora soio hai que preguntarse: e a dimisión pa cando?
O que si me cabrea moito é que o Bng non teña representante nas cortes ao igual que as canarias, vascas, catalanas ou cántabras. Logo nos preguntamos por que seguimos pagando peaxes ou non veñen case investimentos ata o noso país. Iso si é para reflexionar e non soio o día antes das eleccións. Que non damos aprendido.