Pedro J. Peón Estévez
De resaca
Nesta nosa Pontevedra acontecen, ás veces, cousas que non tenhen doada explicación; este venres pola tarde, o pepé celebrou unha manifa en plena campanha electoral na a través da Vila. Alí estaban os Suárez Costa, os Rueda, Pilar Rojo, Cores Tourís e algún "peso pesado" do calibre de Jorge Cubela, Mª Ramallo ou mesmo Jorge Canda. Ata aquí ben. O que me chocou abondo foi velos-as tras dunha pancarta que rezaba "polo trabalho industrial" ou cousa así. E digo eu…desde cando lhe importa o trabalho ó pepé se, como todos sabemos, son alérxicos. Alguén me aclarou que non pidían trabalho para eles, senón para os demais. Son así de altruístas. Disque eran (segundo eles claro) uns vinte mil. Alto aí meu! Se contamos por unha foto de punto de vista elevado sobre Eduardo Pondal, serían uns vinte centos xa sendo moi xenerosos. Non te tires da moto, Maroto!
É ese o poder de convocatoria do pepé e os seus comparsas? Mal pintan as cousas, tanto para uns como para outros. Será por iso que se "arrexuntan". Non quero deixar de destacar o apoio "multitudinario" de Ciudadanos, que seica tamén estaban. Ou iso dicían os xornais. Quen disque non estiveron foron o Feijó maila Pastor. No..ser, sonche listos de caralho…estes non se pilhan os dedos saltándose as leis. Para iso xa tenhen un bo fato de tontos fieis. Non tenhen máis que acirralos e xa…
Oes, pois seica chegaron á Praza do Concelho e apropiáronse da plataforma do triatlón (que pagamos todos) e alí déronse xabrón canto quixeron. Por certo; deixan máis benefico en Pontevedra tres días de triatlón que a celulosa en todo o ano. E sen atufar, ni abafar, nin envelenar…Diso non se falou. E dos incendios, nin chío.
Ben, e se uns e outros están tan legais..a que vén tanto berro ? Será que tanto a uns coma ós outros ándalhe unha mosca no ubre.
-Está vostede moi confundido. O pepé non organizou ningunha manifa.
-Perdoe vuecencia pero é que me deixei levar por aquilo tan conhecido de: " celulosa - pepé, a mesma m___a é ".