Marta Rodríguez Engroba
Negocio, o voso é puro negocio
Teño que confesar que, de cando en vez, por unha sinxela e urxente cuestión de saúde mental, evito ler nos xornais ou ver e escoitar en determinados medios de comunicación o que se publica sobre violencia de xénero, porque recoñezo que acaba, a maioría das veces, por pasarme factura.
O sensacionalismo, o amarillismo que se empregan moitas veces, as "pseudonoticias" que denotan o case total descoñecemento da realidade das vítimas de malos tratos, poñen a proba a miña estabilidade, que sempre sae perdendo.
Non obstante, nin podo nin debo adoptar sistemáticamente a postura da avestruz, polo que non podo evitar caer na "tentación", sobre todo se algún titular chama a miña atención, como é o caso do que vou mencionar.
Hai unhos días, un xornal publicaba o seguinte: "Asesores como a de Juana Rivas repartirán o diñeiro destinado as vítimas da violencia de xénero".
Non fun quen de deixar de ler, e de novo se iniciou a miña andaina cara a úlcera que cada día teño máis asegurada.
No artigo que seguía a este titular, reflectíase a temeridade que supón a medida tomada polo Goberno en colaboración coas comunidades autónomas, e por mor da cal xa non será preciso denunciar nin obter unha sentenza favorable para que unha muller sexa declarada vítima de violencia de xénero, e percibir así as prestacións sociais e as axudas destinadas a elas.
Nalgúns eidos políticos, esta medida foi valorada negativamente, cualificándoa, como xa dixen, de temeraria, alegando principalmente que pode ser un magnífico caldo de cultivo para esas tan traídas e levadas denuncias falsas, e de feito a chegan a denominar "incentivo perverso" para propicialas, e inciden, principalmente, na posible mala distribución deses nada desdeñables fondos, máis de cen millóns de euros, destinados non tan só para ser percibidos polas vítimas, se non para a adopción doutras medidas en relación co contexto institucional que rodea as vítimas, como campañas, protocolos de coordinación, acompañamento, etc.
Poñen, como exemplo do que pode acontecer, as asesoras que no seu día aconsellaron a Juana Rivas levar a cabo o sinsentido que escribiu a súa condea, algo que se vía vir de lonxe, que agora moitos critican, pero que, no seu momento, era prácticamente a biblia para todos e todas cantos se erixiron en defensoras desta muller e de quen estaba a "adoctrinala".
Unha vez máis vemos como o tema económico é o que prima para este razonamento, o cal é, como mínimo, descorazonador.
É evidente que se precisan orzamentos para axudar as mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos, eso non o nega ninguén, pero, en vez de preocuparse tanto polas posibles denuncias falsas que contribúan a baleirar esas arcas que non teñen espazo dabondo para tantas mans que queren meterse nelas, non se lle pasa a ninguén pola cabeza o enorme perigo que implica para as mulleres maltratadas que unha persoa, moitas veces allea a toda esta tráxica problemática e quen sabe se con sensibilidade cero teña nas súas mans a potestade de decidir se quen acude a solicitar a súa axuda é realmente unha vítima da violencia machista?.
Por suposto, e que ninguén me interprete mal, os traballadores sociais merecen todo o meu respecto, tanto como recoñecemento o seu traballo, pero, de aí a que se lles otorgue a potestade para decidir quen é vítima e quen non, e, por tanto, a quen se vai axudar ou a quen se vai deixar a súa sorte, media un treito, un enorme e perigoso treito.
Por outra banda, de todos é sabido que non todos os profesionais do traballo social o son por vocación, se non que moitas veces diversos factores que nada teñen que ver con esta os levan a terminar por exercer esta profesión, polo tanto a implicación e a sensibilidade que se lles presupón non está garantida.
Ser un excelente funcionario non ten por que levar aparellada idéntica calidade humana, e eso sabémolo todos, ou deberíamos sabelo,como tamén deberíamos saber que, por moitas voltas que se tente darlle, o único xeito de sair da violencia de xénero é denunciando, o mesmo que para acadar a protección precisa.
Cando alguien con atribucións e con vontade,claro, porque se falla a segunda, o mesmo da que haxa en abundancia das primeiras, vai propoñer que se investigue si as mulleres que acuden a denunciar son debidamente atendidas e protexidas como precisan, e tomar, de non ser así as medidas pertinentes, facendo, se é preciso, unha exhaustiva criba do persoal encargado destas funcións e mesmo esixindo que os requisitos para a súa selección sexan todo o rigurosos que sería de desexar para encargarse de mulleres en situación de tan extrema vulnerabilidade?.
Pero non, ante os cartos, os ollos péchanse para todo o demais, e os intereses non se apean do seu trono, tentando darlles, iso si, un barniz de dedicación e sensibilidade que, por desgraza, enseguida comeza a agretarse para, finalmente, rematar por desaparecer, pero, para entón, quen máis quen menos dos implicados xa acadaron a cadeira ou o despacho ao que aspiraban, e a vivir, que son dous días.
Dí, a propósito disto, a eurodiputada do Grupo Alianza de Liberales y Demócratas por Europa, Teresa Giménez, falando do despropósito que supón esta medida que o movemento feminista está frivolizando o maltrato.
Outro motivo máis para que a miña potencial úlcera estea cada vez máis preto.
Eu pregaríalle a Sra. Giménez que non meta a todo o mundo no mesmo saco, e tal vez ela, como moitísima máis xente, debería meditar coidadosamente que entende por movemento feminista.
Porque unha cousa é traballar e loitar para tentar acadar a igualdade real entre homes e mulleres, e para que a nos, as mulleres, se nos respecten os nosos dereitos, entre eles que se nos asista e se nos protexa adoitadamente cando sufrimos violencia de xénero, así como que se nos proporcionen os recursos e as ferramentas imprescindibles para rachar con esa situación, e eu síntome incluída nese grupo, e outra moi distinta os fanatismos que fan falar por falar e que se agarran a consigna fácil e con sona, sen pararse a pensar nin por un momento nas consecuencias reais do que están a "reivindicar", sinxelamente porque, nin as coñecen, nin teñen o máis mínimo interés en facelo, malia que poidan custar vidas.
Sen esquecer que moitas desas "revolucionarias feministas" o que van buscando, no fondo, e esa cadeira ou ese despacho do que antes falaba, por moi de antisistema que vaian pola vida.
O malo é que no camiño van deixando desfeitas considerables!.
Conclusión?.
O tempo vai pasando, seguen a vendernos que as cousas, no que atinxe a violencia de xénero, melloraron, pero, a pouco que se rasque, aflora a verdade.
Agás escasísimas excepcións, todo o que se está a facer o, mellor debería dicir, como antes, a vender, tentan facelo pasar por concienciación, pero, no fondo, non é máis que puro negocio.
Asociación Si, hai saída