Tribuna Viva
Motivos para a manifestación deste domingo
Lembrade que este domingo 10 de febreiro as 12 horas manifestamonos en Compostela, saída dende a Alameda.
Hai pouco mais de un ano saímos a rúa para pedir a paralización da modificación da Lei de Saúde, que nos SUPRIMEU a nosa área sanitaria. Lamentablemente, non nos equivocábamos cando diciamos que esta modificación introduciu un perigoso cambio na maneira de xestionar e planificar os servizos sanitarios, un perverso cambio de modelo no que pasamos de basearnos "nas necesidades sanitarias e asistenciais da poboación" (Lei anterior), a ter en conta os "recursos sanitarios existentes" (Lei actual). Cambio moi substancial que lles permite concentrar os recursos onde mais conveña.
Neste tempo, vimos como persoal que tiñamos contratado para esta Comarca, lévano para Pontevedra, que é quen manda. Neurociruxán ou anestesista do Hospital do Salnés ou a Pediatra de Cambados no que nos atopamos con nenos sen cupo de pediatría. A Illa e Ribadumia están sen pediatra.
Perdéronse as direccións de Atención Primaria, as súas extruturas de planificación e xestión, afondando nun dererioro da calidade asistencial xa imparable.
Desmantelamento agonizante do primeiro eslabón da sanidade que é a Atención Primaria, a mais próxima e accesibel para as e os cidadáns, citas de mais de 15 días, non sustitución de persoal, cargas inasumibles de traballo, menos tempo de atención ao doente, mais cupo de doentes por médico...
Vimos asistindo nos últimos anos, nunha deriva perigosa que tanto dano está a facer na nosa sanidade, menoscabando a capacidade e afogando a Sanidade Pública para potenciar e beneficiar a sanidade privada, cun custo moito mais elevado e que pagamos dobremente, con contas pouco claras, conflictos de intereses e portas xiratorias.
Ampliaron espazos como a 3ª planta do hospital, que está pechada durante varios meses o ano e cando a abren nunca é na súa totalidade.
Acometeronse obras para facer tratamentos oncolóxicos no hospital, pero non se van a facer, según a EOXI "en base a criterios de seguridade para o doente". De que nos sirve a inversión?
A defensa da sanidade pública non é cuestión de cores políticas, e un dereito que temos todas e todos cidadáns, e por iso este domingo estaremos en Compostela para reclamar unha Sanidade Pública e de calidade.
EXISIMOS:
- recuperar os recortes de persoal sanitario, camas e orzamentos.
- acabar coa marxinación da Atención Primaria e coas EOXIs.
- recuperar as Areas Sanitarias e os hospitais comarcais.
- dotar adecuadamente os PAC e os Servizos de URX hospitalarios.
- acabar coa precariedade laboral.
- recuperar tódolos servizos e centros privatizados.
Rosa Casal
Portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés