Desta maneira o paciente vai perdendo a fé no médico, no que lle díxo é no que lle recetou, xa lle había pasado con outro médico igual anteriormente, e da súa dor non daba curado.
Así é que logo dun tempo en que a súa enfermidade non dá pasado, que sinte que cada vez a doenza e máis acusada, muita desta xente enferma ou xente que ten algún familiar que non da curado coas mediciñas recetadas polo doutor decide achegarse a casa do señor que cura con cousas naturais, con auga, con herbas… á fin e ao cabo, iso non ía a facerlle dano ningún…..
Pero é que ademáis o curandeiro daballe outra confianza, coñece o enfermo porque son veciños, sabe da súa vida, pois pertencen á misma aldea ou son da aldea veciña, e ademáis o trato con él non ten nada que ver co do médico, é un trato máis persoal, moi receptivo e paternalista. O curandeiro coñoce ademáis as súas crenzas e os seus costumes, él e un home que participa na dinámica social cos seus veciños, en definitiva, que os veciños téñenlle confianza plena, tanto da súa persona coma nos seus remedios, cantas veces teñen comentado cos seus achegados: xa debíamos habelo levado antes ! Mira que rápido lle dou co que tiña ! Os médicos son uns come cartos !
Os curandeiros foron os máis comúns no rural galego, atendían diversas doencias , o mal de ollo, o mal do aire, tamén problemas de pel relacionados con verrugas, sabañons, tamén curaban a pezoña, os herpes etc. Para a cura deses males o habitual neles era utilizar herbas, auga, pedras…, xunto con fregas e determinadas frases curadoras….
Un destes curandeiros, vai ser o protagonista de unha historia que pasou na milenaria parroquia de Cerponzóns (coñocida cómo Serpenciones ou Serpentiones no ano 1019).
Fai muitos anos había un señor en Pontevedra que tiña un fillo, de catro ou cinco anos coma muito, cunha enfermedade rara, pouco común, o rapaz estaba nos osos, non daban atopado solución para curalo, e iso que o señor era médico de profesión, pero nin él nin os seus colegas de profesión daban en acertar a enfermedade que tiña o raparigo, xa non había máis doutores a dónde acudir…..
Na casa deste señor traballaba unha rapaza que era veciña do lugar do Bravo ( Cerponzóns) , levaba xa tempo traballando na casa do doutor e xa tiña suficiente confianza cos señores.
A rapaza era testemuña directa día a día de como aquel neno traveso e vivaracho estábase "achicando", estábase quedando "seco"… Esta rapaza estaba o tanto que para os pais do neno aquela enfermidade era nova para eles, que non sabían que facer para poder curalo, que visitaran a varios compañeiros de profesión e ningún deles dáballe acertado na curación. Pero ela, a "criada", empezou a recordar que ela xa pasara por casos similares na súa familia, e decidiu falar cos señores, os pais do pequeno, para botarlle unha man.
Miren unha cousa señor e señora, que non lle vaia a parecer mal o que quero dicirlles, pero a min o neno estame dando moita pena e creo que sei o que lle pasa e quen pode curalo.
O pai do pequeno mirou fixamente á "criada" e espetoulle duramente unhas verbas que viñan a dicirlle si ela tiña titulación de doutora e él non estaba enterado. A muller do doutor díxolle que non tiña porque contestarlle así desa forma, a moza tenlle agarimo ao neno, está tamén preocupada, anda sentate aí rapaza e conta o que teñas que contar.
Toda nerviosa tomou asento e empezou titubeante a contarlle o que a ela lle parecía que tiña o neno…..
Teño visto na miña parroquia algún neno cos mesmos síntomas, unha vez había un que tiña a barriga moi inchada , a cabeza grandísima e as orellas duras, pero duras como un cañoto, como ben se ve este neno ten a barriga tamén inchada e as orellas xa poden ver como están…..Esta criatura para o meu entender ten "O Aire", non sei si vostedes saben que é iso, se cadra teñen oído á xente das aldeas falar de "Airo" ou de "Airada", cando un pequeno está como este, así de seco, cada día achicándose máis e máis, que vaise consumindo os poucos….nunha palabra, o neno "mirrase".
Cando falabas do curandeiro podías ter á xente a favor ou en contra, non había medias tintas. O doutor volveu mirar fixamente na súa criada e díxolle que iso do "Aire" eran tonterías….él non creía nesas cousas.
Mire señor doutor, hai pouco un veciño da miña aldea cando falaba co curandeiro sobre as curas que fai, preguntoulle si curaba de todo, o curandeiro contéstoulle que si él chegase a curar todas as enfermidades non levaría os seus fillos ao doutor, non, non curo todo, pero o que non entenden os doutores que o que eles curan non ten nada que ver co que fago eu, así que cada un que atenda ao seu, que nesta vida hai de todo…..e as enfermedades non son todas de curar con pastillas….
Según os estudados na materia sobre curacións podemos dividir en tres os motivos polos cales podía vir unha enfermidade.
O primeiro motivo procedía da aquela enfermidade que che podía vir por "vontade divina", ante isto non había nin doutores , nin curandeiros, nin bruxas, nin sanadores….que o solucionase, darvos por perdidos veciños que non salíamos vivos !
O segundo, era aquel que cando as doencias non procedían de causas ou forzas sobrenaturais, por exemplo unha dor de cabeza, de muelas, de oídos, o reuma etc…nestes casos acudíase ao médico e o solucionaba con unhas pastillas, un xarabe ou cun pinchazo, por certo, a min muitos optalidóns me deron, e pinchazos perdin a conta cos anos !
Pero o conto ven no terceiro motivo, do que estou falando sobre o neno, onde a enfermidade procedía do home ou da muller, estas enfermidades podían inflixir malestares, ou ben desgrazas, ata inclusive a morte.
E todo iso viña a causa do "Mal de ollo" ou dun "Aire" , como exemplo podía darse este mal debido simplemente polo feito de que a muller tivese o periodo, e o neno estivese polo medio, coma máis adiante conto.
Tamén neste terceiro motivo hai que ampliar como causa destas enfermidades aos defuntos, causantes en moitas veces de moitos males nos vivos.
Así que a criada volveulle a insistir aos seus señores que si o neno estaba cruzado de envexa non ía haber médico nin medicina que o curase, vostedes verán !
Eu levaría ao neno a xunto deste señor, o que lle vai facer non lle vai ser mal ningún, el baséase nas forzas místicas das árbores , das pedras, os aceites, a auga e ademáis no seu forno, o que ten para cocer o pan, si señor, non me mire así, meteos no forno, o que fai con estas cousas e darlle enerxía para outorgar saúde ao enfermo, déixenme levalo, que me dá moita pena ou raparigo.
Pero que árbores e pedras e forno de pan me falas ! A quen se lle conte ! Anda, anda, analfabeta tiñas que ser ! Contestoulle o doutor.
Mire señor doutor, si o neno ten algunha envexa, ou un mal de ollo, unha maldicion….si ten algo diso, si estou no certo, ten que ir por outro camiño para sanar ao neno, por moi analfabeta que sexa o que lle digo é verdade !
A dona do doutor asentía ao que dicía a súa criada, deixa que o leve, non perdemos nada e sabe Deus si o mellor pode curalo.
Levao ! Fai ou que queiras ! exclamou o doutor, como xa non atopaba a solución en tantos días de doutores que habían visitado o final non tivo máis remedio que aceptar a que probase co curandeiro de Cerponzóns.
Sen esperar a máis a criada colleu o raparigo no seu colo é alá marchou xunto o señor que curaba todolos males…..
Chegou a aldea preto dá hora para comer, chovía de verdade, antes de cruzar a Ponte Malvar parouse no Cruceiro que hai un pouquiño antes de dita ponte, situado entre Tilve e Pidre, o carón do camiño que leva o lugar da Balea, rezou un Padrenuestro e un Ave María polo neno, e foise correndo a casa do curandeiro, situada non mui lexos do lugar no que estaba en ese momento.
O curandeiro era un home de estatura baixa, de tez morena, sempre ven vestido e que non lle faltaba ou seu sombreiro na cabeza e a xogo coa vestimenta.
Chegou a criada co rapaz mais morto que vivo, tras un parco saúdo, mandou sentalo e o miralo frunciu o ceño , colleuno no colo, mantivo así durante un tempo, pechou os ollos, e con xesto de concentración preguntoulle a criada : Ti sabes con quen dorme o rapaz ?
Ela dixolle que o neno afacía durmir na cama cos seus pais , que ela cando chegaba a facer as cousas dá casa dos señores encontrabao ali, na cama deles, dormidiño e que de seguro levaban muito tempo así pois outra cama para o neno non tiña visto.
Este rapaz ten un aire metido no corpo , contestoulle, meteronlle a enfermedade seus pais ! Pero home como di que foron os seus pais os que lle meteron a enfermedade no corpo o neno ! pola Virxen dos Remedios ! nunca tal cousa había escoitado na miña vida , contestoulle a criada.
O curandeiro murmurou algo inintelixible e asegúralle de novo seriamente :
O rapaz ten o AIRE DO MATRIMONIO ! contestou enerxico !
Asombrada do que dixera o curandeiro, a criada calou e asintiu coa cabeza e facendo a sinal dá cruz deixou que seguise falando :
Este rapaz recibiu o aire do seus país cando estaban facendo o amor, e o máis seguro que pasaron por encima do rapaz ( era costume de durmir entre o medio dous dous ) así foi coma enfermou, ou a nai estaba co periodo…..que tamén pode ser…..Tes que traermo durante nove noites seguidas a miña casa e cada día que veñas trae roupa nova para ou rapaz.
A criada tal como lle dixo marchou para súa casa, situada no lugar de O Bravo, co rapaz no colo e pensativa foise toda intranquila esperando o novo día para levar o neno xunto a él a esperar acontecementos.
Chegou o día, eran as nove da noite cando chamou a porta, o curandeiro tiña na sua horta un pexegueiro formado por tres ramas , seica tiña que ser con tres ramas para facelo ritual, dito ritual consistía en darlle unhas voltas o rededor do pexegueiro, así todalas nove noites, sabendo a situación do neno do mal que tiña, o curandeiro adoitaba ter preparada unha mestura para estes casos.
O primeiro que facía era mandar buscar entre a medianoite e a saída do sol un balde de auga dunha fonte que nunca se secara, despois esta auga fervíaa con certas plantas…e cando estivese co neno lavaríao de abaixo a arriba, seguidamente secábao no forno, e a roupa que traía posta o neno despóis tirabase o Río Rons, á criada tiña que baixar coa roupa nun canastro donde poñiase cunha vela prendida, e así tiña que ir río abaixo sin apagarse. Era boa señal de que a vela non se apagase porque significaba que o neno iba curando.
Daquela despois de darlle as voltas no pexegueiro levaba o neno para dentro da súa casa.Díxolle á criada que pasase co neno á cociña, él deixou a cesta donde metera o neno na entrada a casa, á beira da pequena porta de madeira, a cal ao abrila, o fume que saía da lareira recibiunos xunto cun cheiro agradable que desprendía aquel enorme pote, que apoiado nunhas pedras mantíñase sempre ao lume, un lume que debido á humidade alí reinante facía que a fogueira desprendese tanto fume que non se apreciaba prácticamente nada máis que lume e fume do que había naquela estancia.
Ao pouco tempo a criada foise adaptando ao lugar e o pouco xa a deixaba ver que non estaban sos na cociña, ao seu carón atopábase unha vaca que ceaba os restos das mondas de patacas e das coles que naquel pote botáranse. Os alimentos que había no pote era a comida e a cea habitual naquela casa (e na da maioría dos veciños tamén), estábase quentando é o seu cheiro mesturábase co fume dando un aroma á cociña característico das casas da aldea, ademáis aderezado co cheiro que desprendían uns chourizos colgados no alto da lareira, neses días hubera matanza e dous vellos paus aguantaban de unhas cuantas ducias de chourizos e de un paquete de unto. El colleu o neno e levouno a donde tiña o forno, lavouno coa auga da arriba a abaixo, despois meteuno dentro cando o forno estaba medio quente, seguidamente cubriuno con unha tela de liño, e despóis o tiña un tempo así, ali dentro do forno…..
O curandeiro comentoulle á criada que a saúde do neno non se podía alcanzar sen o mantemento de frío e quente, por iso facía ese ritual e metíao no forno durante o tempo que él consideraba oportuno.
Durante nove noites a criada fixo o indecible para poder salvar ao neno, tiña que soportar aquelas choivas, desde a súa casa situada nun dos sitios máis apartados da parroquia, prácticamente era de noite cando baixaba co neno en brazos, acompañada dun farol que lle axudaba a poder ver para pasar por aquelas corredoiras que entre aqueles bosques de piñeiros levábana ata a casa do curandeiro, despois, máis entrada a noite volvía de regreso a casa, salía da casa do curandeiro e baixaba o Rio Rons, botaba a roupa do neno rio abaixo é de seguido marchaba para O Bravo.
A volta era máis cansina, prácticamente todo o camiño era costa arriba, ela era unha muller forte pero había momentos que acusaba o agotamento que ao longo dos días íalle facendo mella.
As nove noites foron pasando e o rapaz empezou a mellorar de tal maneira que colleu muita fama en Pontevedra e nos alrrededores a curación que fixera o curandeiro de Cerponzóns.
Seica según comentarios que me chegaron dos máis vellos do lugar, o pexegueiro os poucos días secabase o terminar de facerlle o ritual dos nove días o neno, xa tiña sempre previsto que había que plantar un novo no lugar do que ía secar.
Os pais do neno o ver tal milagre quixeron compensar o señor, e os poucos días levaronlle 1000 pesetas daquel entonces, ademáis de un traxe coa súa camisa , unha garabata , calcentins , calzons , zapatos , sombreiro e bastón !
O cabo dos anos, cando falleceu o curandeiro seica esa roupa foi a que levou posta para o outro mundo.
O neno curou de todo, e hoxe en día en un señor xubilado que chegou a ser un afamado medico coma seu pai.
Coma o curandeiro de Cerponzóns houbo muitos, centos de homes por toda Galicia, podemos decir que cada aldea tiña un, a súa misión era a devolver a saúde a quen llelo pedía.
Ás veces atinaban e outras non, como sucedía cos doutores da Vila…