Tribuna Viva
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Pontevedra apoia a loita dos/as traballadores/as dos PACs
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Pontevedra apoia a loita dos/as traballadores/as dos PACs en defensa das súas lexitimas reclamacións, e fai un
chamamento ao Conselleiro de Sanidade a sentarse na mesa de negociacións con propostas efectivas para resolver este conflito que ameza con prolongarse no tempo.
As reivindicacións do colectivo son as seguintes:
- Equipos paritarios de enfermeira e persoal médico.
- Revisión dos plans funcionais de cada PAC para dotar das necesidades actuais en cada centro.
- Cumprimento das normativas europeas de tempo de traballo.
- Dotación de Equipos de Protección individualizados, segundo se recolle na Lei de Prevención de Riscos Laborais.
- Computo real da xornada realizada e manter as 1451h de xornada efectiva.
- Que non se apliquen penalizacións en situacións de incapacidade temporal ou permisos de conciliación familiar.
- Eliminación dos obxectivos do ítem. de derivación de doentes do PAC a hospitalaria. Derívanse doentes por patoloxías non por número
- Esiximos o pago inmediato do 100% dos complementos de festividade e nocturnidade, abono de dietas en domingos e festivos por comida e cea, conxelados desde o ano 2010.
- Elaboración de calendarios de traballo dando prioridade ao persoal do PAC.
Despois de varias reunións estériles nas cales o SERGAS non achegou ningunha proposta para solucionar e corrixir as demandas presentadas, as e os traballadoras/es dos PAC víronse na obriga de ir a unha convocatoria de Folga para que as súas reivindicacións, xustas e básicas, sexan escoitadas.
Despois de máis dun mes desde a convocatoria de folga o SERGAS fai oídos xordos aos problemas dos e das traballadoras dos PAC, coa repercusión negativa que as carencias nos PACs teñen sobre a saúde dos usuarios destes servizos.
A Xunta de Persoal solidarizase coas compañeiras e compañeiros das Urxencias do Complexo Universitario de Santiago na súa defensa dunhas urxencias dignas.
Tamén fai un chamamento a todas e todos os traballadoras e traballadores e poboación en xeral a participar na manifestación do xoves 24 en Vigo POLA DIGNIDADE DA SANIDADE PÚBLICA