Alexandre Alberte Moreira
Miña viaxe á fosa das Marianas
Debido a súas dimensións, duns 2.550 quilómetros de lonxitude, e unha anchura media de 70 quilómetros, o primeiro que debía facer era elixir as coordenadas exactas do meu descenso, e estas resultarón ser 11º19´N 142º15´E, que coincide co abismo Challenger, que con 11.034 metros de fondura correspóndense co punto máis baixo da Fosa das Marianas.
"COMEZA A VIAXE...".
Son as 5.00 horas da maña do día 23.10.2013, hora filipina, as 23.00 horas do día 22.10.2013, na Península Ibérica, hai apenas quince minutos, que un pequeno barco pesqueiro, de 15 metros de eslora, e alcumado "GRAN QUILOMBO", partiu comigo, e con unha tripulación composta por "sete belezas mulatas", (a máis baixa mide 175 centímetros), da Provincia de Samar Oriental no Arquipélago das Filipinas, por ser este o punto en terra firme máis próximo as nosas coordenadas de inmersión...
A viaxe, sempre con rumbo fixo cara o Leste, transcorreu sen sobresaltos, o sol facía brillar aínda máis a Adriana, Luana, Lucivania, Ancledia, Anclení, Angra e Sara, que ademais de mulatas son expertas mariñeiras.
As 14.30 horas da tarde, atopabámonos no punto exacto da inmersión, 11º19´N 142º15´E.
Despois de media hora de "Ioga", estaba preparado para mergullarme, baixaba a pelo e a pulmón... bo, non tanto... ía equipado con unhas Ray Ban, e as aletas de Adriana, que cos seus 185 centímetros, calza un 44).
Eran as 15.00 horas, despedinme dos sete anxiños, e tireime de cabeza, o primeiro que vin, a uns 50 metros da superficie, foi un enorme banco de sardiñas, miles de pequenos seres prateados, que movíanse acompasadamente bailando un vals, pequenas pezas, que xuntas compoñían o puzzle máis grande xamais resolto. Os 150 metros, unha quenlla balea maxestoso, movéndose con unha gracilidade impropia dos seus 15 metros e varias toneladas de peso; estaba distraído e quedábanme ainda 10.884 metros por baixar.
Apertei os dentes e dinlle zapatilla, "aletilla" quixen dicir, ós dous quilómetros e medio, vin unha parella de elefantes mariños moi acaramelados, os tres quilómetros reparei nunha enorme cachalote, dirixíase cara min, como querendo xogar... carallo que é iso que trae fora...? hai... que non é cachalota, que é cachalote e non quere xogar... senón procrear..., ¡carallo déixame baixar...!, menos mal que levaba as aletas da Adriana... senón o conto non o conto.
Grazas o arreón estaba no punto máis baixo de inmersión, a -11.034 metros, e aquí tan abaixo había un linguado, e unha familia de calamares xigantes, do xénero Architeuthis, un dos cales (mecago na nai que @ pariu...), púxome de tinta perdidiño, senón chego a levar as Ray Ban... quizás tivera que abortala expedición...
Quedábanme apenas catro minutos de apnea cando púxenme aletas a obra... aquí no fondo da fosa, o primeiro que chamou a miña atención, foi unha enorme picnogónida (araña de mar de máis de 1.50 metros), uns metros máis adiante, unha compresa con ás, de uns dous metros, o seu carón unha roda Michelin, cando observei unha intensa fosforescencia verde subraiador, asomaba detrás dun pequeno montículo, a uns 69 metros de onde me atopaba, achegueime con suma precaución para non chamar a súa atención, era un Polbo luminoso (Stauroteuthis Syrtensis), duns cincuenta centímetros de diámetro, intentou fuxir, e as 16 patas o moverse semellaban unha fotografía movida, os cen metros, lle din alcance, estaba reventadiño (o pulbo que non eu...) púxenme o seu carón, e observei, que no interior da súa enorme cabezota, había un cilindro de uns cinco centímetros de diámetro por doce de lonxitude, que era o foco emisor da radiación, o polbo tuseu, e a barra moveuse ó suficiente para que eu pódese ler FUKUSHIMA, QUE NON É O MESMO QUE FUKUSIMA, que correspondería cun Polbo autóctono, fuxín por medo e por aletas, hai máis merda nas Marianas, que a que había no polígono de Bens, que se desplomou no mar, na Coruña, por un exceso de bens.
Continuei aleitando, e algúns centros de metros máis adiante, nun socavón, vin, "o estado do benestar, un bote de Red Bull sen ás, o Ferrari de Fernando Alonso, o Celta de Vigo... e unha bolsa do Corte Inglés..." quedábanme apenas un minuto de ar e unha subida vertical de 11 quilómetros, o último que lembrei foi ver uns tenues raios de sol , e a silueta dun casco que resultou ser o "GRAN QUILOMBO".
Cando espertei, sentín os húmidos beizos de Adriana facéndome o boca a boca, e os corpos espidiños e quentes de Luana, Lucivania, Ancledia, Anclení, Angra e Sara intentando que entrara en calor... nun momentiño estaba ardendo...
Agora voume duchar, que a tinta de calamar das miñas ourellas hei de quitar...
Graciñas e bicos enormes a Adriana, Luana, Lucivania, Ancledia, Anclení, Angra e Sara, que ademais de mulatas son expertas mariñeiras...