Tribuna Viva
Premios Cidade de Pontevedra 2019
Nuns días vaise a elixir os Premios Cidade de Pontevedra, será o 20 de Xaneiro con motivo da festividade de San Sebastián.
Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro queremos dar a coñecer o noso apoio á candidatura que se presenta a favor de Carmen Abeledo Márquez.
Para aqueles que non coñezan a Carmen Abeledo dirémosvos que leva anos como Enfermeira de Atención Primaria no CS A PARDA da área de Pontevedra.
Como enfermeira de atención primaria dende hai anos destaca na promoción da saúde e prevención dás enfermidades dous seus pacientes. O seu traballo comunitario esténdese a colaboración con diversas asociacións (alzheimer, ADAHPO....), así como a organización de talleres como os de memoria, diabetes, obesidade, menopausia, actividade fisica, etc.
Premiada en varias ocasions, destacando :
Premio ao Proxecto de Hábitos Saudables.
Premio ao Proxecto : O coaching en saúde como figura clave para conseguir hábitos de vida saudable.
Promotora do proxecto Pasominuto, unha idea para que os pacientes fixeran rutas e así realizasen exercicio físico, esta iniciativa foi acollida polo Concello de Pontevedra no seu Plan de Movilidade.
Carmen Abeledo sempre está disposta a colaborar en todo o relacionado coa saúde, desde a Asociación de Veciños O Chedeiro tivemos hai pouco a oportunidade de organizar con Carmen tres dias de charlas e obradoiros na nosa parroquia, onde todos os asistentes quedaron encantados das súas explicacións e desexan que volva outra vez por xunto nosa.
Por todo iso, desde a Directiva da Asociación de Veciños O Chedeiro cremos que Carmen Abeledo Márquez se merece un recoñecemento público ao seu labor e o seu compromiso coa cidade e os seus habitantes durante tantos anos a través do Premio Cidade de Pontevedra.
Cerponzons, 5 de Xaneiro 2019
Asociación de Veciños O Chedeiro