Tribuna Viva
A Policía Local e o seu conflito
O obxecto destas verbas é dar a coñecer á cidadanía do noso municipio a realidade que estamos a vivir os policías locais dende unha perspectiva clara e sen ningún tipo de sesga ou manipulación por parte dos medios de comunicación locais.
Os policías locais non pertencemos a ningunha organización política, non actuamos por ideoloxías, realizamos un servizo público de acordo coa normativa vixente (estatal, autonómica e local) e seguindo unhas directrices marcadas en cada momento polos responsables do goberno local.
Dito esto, as situacións nas que se critica o noso servizo como a utilización do famoso “multamóvil”, a implantación de controis de velocidade, os desvíos das correntes circulatorias, os cortes de rúas, o control de veladores, etc. non responden a ideas propias dos axentes e si daquelas ordes emanadas dende o goberno local e xestionadas polos mandos naturais do Corpo.
Os policías de Pontevedra non estamos contra o modelo de cidade que se está a impoñer, non estamos contra a humanización das rúas e recuperala para os peons, que sexa unha cidade referente para a celebración de eventos deportivos, gústanos que Pontevedra sea coñecida e recoñecida no resto do mundo, incluso máis que Vigo coas súas “luces navideñas”.
Pero os policías de Pontevedra saímos á rúa tamén a protestar... Por qué?
Facendo historia remontámonos ao ano 2006, daquela, inmersos nunha negociación dun Acordo Regulador (así é como se chama o convenio dos funcionarios) comenzaron os problemas, o goberno local solucionou asinando un Acordo con algunha centrais sindicais en contra incluso dos seus propios delegados de persoal.
No ano 2007 os Corpos de Policía Local de Galicia foron reclasificados ao grupo C-1, esto non supuxo ningún tipo de subida salarial naquel momento, logo chegou a crise e os policías entendemos e asumimos que, por respeto e solidaridade con outros colectivos de traballadores, non era momento de reivindicacións salariais. Pasou a crise, todo está ben segundo nos din os que nos gobernan (contas saneadas, concello con superavit, obras,...) é o momento de voltar a reclamar o que levamos perdido ata o ano 2016 (incluído un 5% que se nos rebaixou nos peores momentos da crise), e nesas levamos fai xa máis de dous anos.
Cómo estamos neste momento? Ben, hai aberta unha “mesa xeral de negociación”, ou máis ben de “desnegociación”, acordouse realizar unha nova Relación de Postos de Traballo, unha valoración dos mesmos, etc, contratando para tal fin a unha empresa externa (contrato realizado unilateralmente pola administración).
A valoración dos postos é para vela, é difícil de crer cando dicimos que se valoran conceptos como “dispoñibilidade” en postos como animador sociocultural, informador xuvenil, e outros mentres que aos policías se lles da “0 dispoñibilidade” sendo que se nos está chamando para reforzar o servizo (de forma obligatoria) nos nosos días de descanso a razón de unha ou dous veces ao mes cando menos.
O estudo recolle valoracións no Complemento Específico (onde están as peculiaridades de cada posto como o traballo a turnos, portar armas, perigosidade, responsabilidade...) de xeito que un posto de administrativo, un animador sociocultural ou un informador xuvenil no Concello ten un Complemento Específico superior ao dun policía sendo todos eles postos do grupo C-1.
Así as cousas, tras milleiros de reunións da “mexa xeral de desnegociación” para nada, o goberno local non está a dar ningunha solución ao conflito e de cara ao futuro seguiremos sendo os funcionarios do grupo C-1 do Concello co salario máis baixo (1.400 euros ao mes netos), o salario de policía máis baixo das grandes cidades galegas (xa non falemos do resto do Estado), os que disfrutaremos as vacacións e os días libres cando as necesidades do servizo o permitan, os que seguiremos a asumir cada vez máis competencias, os que seguiremos nun inmoble deseñado e construído para almacén, e así un longo número de etcéteras...
Unicamente pedimos comprensión á cidadanía para estes momentos de reivindicación dunhas condicións xustas e dignificantes para a nosa función.
Gracias.
Manuel Ángel Sánchez Pallares