Ainhoa Fervenza Celestino
"Anteproxectos siderais"
O PSdG_PSOE de Sanxenxo quere presentar a opinión pública un anteproxecto dun superproxecto. Este proxecto vai ser a solución a todos os males de aparcamento do Concello, xa que os nosos visitantes virán directamente en avión o noso Aeroporto Internacional "A Madama", que estará a altura e competirá en enlaces internacionais co de "Madrid-Barajas".
Proxectarase na recta da Lanzada, e irá dende a Ermida ata o enlace coa via rápida, de tal xeito que as comunicacións estarán totalmente aseguradas, haberá un dispositivo de autobuses que levarán directamente os nosos turistas os centros e praias a visitar, e se así o desexan o baixar mesmo do avión xa poderan mollar os peiños na Lanzada.
O proxecto está valorado en 1.182 millones de euros, e estarán implicadas todas as administracións, locais, autonómicas, estatais, europeas e galácticas, sobre todo estas últimas.
Como é de imaxinar e un proxecto que non o veremos realizado o ano que ven, pero na vindeira lexislatura xa se poñerá o cartel inaugural da obra, acto no que participarán toda a comitiva.
O PSdG-PSOE fará chalas informativas do mesmo para preguntar a opinión de todas e todos os veciños coa fin de que poidan aportar a opinión necesaria para saber se prefieren tres ou catro pistas, e a cor da entrada de embarque, ase mesmo será moi relevante coñecer se prefiren un transbordo subterráneo directo que conecte a Lanzada con Montalvo, ou si o prefiren aéreo.
Despois de exponer o noso anteproxecto galáctico, queremos decirlle o actual goberno de Sanxeno PP-SAL que como se pode ter a cara de vir a contarnos que van a gastar os nosos cartos, mais de 20 millóns de euros, nun proxecto que non solventa os problemas de Portonovo, nin fan que este sexa mellor concello.
Unha falacia que volve a demostrar a inexistencia dun proxecto común de pobo, volta a lanzar o espazo sideral unha idea que non e cohete, senon un submarino que nos volve a afundir na lama…
Se o que pretende é míllorar Portonovo o que ten que facer e retomar a única idea valida que tivo polo de agora "Portonovo: unha vila mariñeira", pero non para facela en 15 anos, senon para facela xa!.
- Pode comezar cunha zoa de aparcamento disuasoria fora do espazo urbano, porque o que non queremos e repetir os memos erros en Portonovo que xa fixeron en Sanxenxo, ¿ou é que non aprendemos?... non se da conta o señor alcalde que aglutinar todo o tráfico viario cara o centro da vila non fai mais que engrosar o problema que temos de tráfico no verán.
- Se o que quere e facer un museo das dornas, que nos parece moi boa idea, pode comezar mañá porque estamos seguros de que con bastante menos dos recursos que quere empregar se pode facer ese museo e de paso encher de contido todos os espazos valerios que xa posúe este Concello, …xa temos a Telleira, xa temos a casa de Don Fernando, o Centro Cultural de Portonovo, todolos centros culturais: Dorrón, Bordóns, Adina, …e todos sen ningún contido digno de mención.
- Se quere impulsar Portonovo, implemente medidas que favorezan o comercio e se retome a vida na zoa alta de Portonovo, e non se concentre únicamente na franxa costeira.
O Telmo do Tranvía, o Telmo da cidade deportiva, o Telmo da praia en Nantes, o Telmo do campo de golf, o Telmo do subterráneo por debaixo da Avda Luis Rocafort ata a via rápida…maravillosos proxectos que dixo que ía a traer a este Concello, todas eles no baúl dos recordos, e menos mal, todos sacados en momentos preelectorais…que casualidad.
O PSdeG-PSOE de Sanxenxo quere poñer de manifesto que estamos moi contentos de que teña volto a noso Telmo, xa o botábamos de menos, alégranos o café matutino a todos os vecinos e veciñas de Sanxenxo coas risas que nos gastamos coas súas cousas…