Alexandre Alberte Moreira
"Terreiro das Bruxas"
¡Hostias, exclamei...!, pero si son Fátima e Dolores, as moi Bruxas fixeron un picado contra min, e apenas a dous metros..., cercioreime, eran elas non había dúbida, Fátima fíxome un corte de mangas (perdou o control da basoira, e a piques estivo de bicalo chan..., asombroume a súa pericia..., é hábil porque é BRUXA), a outra, ¡que pouquiña clase ten...!, "mexoume en diferido", co que me dou tempo a abrilo paraugas, o paraugas non vale pra nada... a tela ¡queimouna...!, amoniaco puro... tiña tres días (o paraugas... da regularidade nas micións de Dolores non teño nin idea..., mais si mexa en diferido..., séis ou sete días..., aguanta seguro).
Xiraron 180º puxéronse unha a par da outra e enfiaron cara a súa guarida, aínda non sei como..., mais elas entraron no cono que coroa o seu TERREIRO, e volvo a xurar por Andreita que non vin abrir nengunha porta nen fiestra..., "física", coido que son "BRUXAS ECTOPLASMÁTICAS", que son do piorciño que hai...
Eran as 12.00 en puntiño..., cando reparei nun "Jaguar" azul turquesa, aparcado mesmo frente a porta da entrada do edificio en cuestión..., non logrei ver a quén saía de el..., mais parbo non son..., e era Ana..., e poño a man no lume..., xa había quorum para ó “AKELARRE...!