Alexandre Alberte Moreira
"Combate polo campionato mundial dos cogomelos"
Esta tardiña, como as das derradeiras tres semanas, saín a camiñar, eran as 18 horas e 43 minutos e equipado en Decartón, escomecei a marcha pola cidade cara as beiras do Lérez, por non repetirme, decidín cambialo itinerario do meu percorrido, e subir pola Seca en dirección a Mourente, é unha estrada ascendente e sinuosa, a medio camiño existe unha Capela adicada a Santa Margarida, máis coñecida polo enorme, retorcido, milenario, e máis sabio, por vello que por árbore, Carballo que se sitúa enfronte da minúscula porta de entrada a Capela, (orientada cara o Oeste), e digo minúscula porta... mais cativa é tamén a Capela, comparada coa magnitude da árbore do xénero Quercus.
É unha árbore tan grande, que máis que Carballo é unha CARBALLEIRA.
Cando estaba case a altura da Capela... decidín cruzala estrada, para poder sentir toda a forza, a experiencia, a sabiduría, e o magnetismo, dun “SER VIVO”, de máis de mil anos, cando estaba a súa altura, (xeográfica que non física...), acertei a escoitar un rebumbio, un murmuriar de miles de diminutas voces, apenas perceptibles, para un "ser humano sen medicar", curioso, como bó Piscis, con moito coidado, dirixinme, dende o Leste cara o norde, do este ser vivo con muletas, que a modo de tirantes, impídenlle, que algúns dos seus cansados brazos biquen o chan, seis ou sete pasos despóis, o rebumbio era un pelín máis audible.
O enorme tronco, duns nove ou dez metros de perímetro, padecía de "troncoporosis", e no seu interior, que asemallaba unha praza de touros, estábase disputando un combate de Boxeo, nun cadrilátero perfeitamente acondicionado, de 6x6 centímetros, despois de frotarme os ollos e comprobar a hora, as 19 horas e 8 minutos, decidín poñer os meus sete sentidos, e ó sentidiño no que estaba a acontecer debaixo de min...
Acertei a ver un cartel, no que se anunciaba un fabuloso Combate de Boxeo, polo “Campionato Do Mundo dos Cogomelos”, entre os pesos medios, David "O Gnomo" e O Pitufo "Gruñón", programado a 8 asaltos, as diminutas pezas comezaban a encaixar..., David co calzón azul, "movíase com unha volvoreta e picaba coma unha abella", era o Muhammad Alí do reino vexetal, pola contra, Pitufo Gruñon, co calzón vermello, asemellábase a Mike Tyson, e algo xa me debera perder, porque David lucía unha aparatosa vendaxe na súa ourella esquerda..., de súpeto sonou a campaniña, e os xiareiros dos dous aspirantes, escomezaron a asubiar e berrar alborozados, coma non o fixeran nos apenas 15 segundos, que eu poiden ver do asalto.
Cal era a razón de tanto alborozo..., non había unha soa razón, eran dúas, e pertencían a Pitufina, ela comezaba a subir os tres minúsculos chanzos que a subían o cadrilátero... minúscula era a súa salliña e seu top, que apenas podia conter os enormes e siliconados peitos, da que unha vez fora unha candida patricinha (adolescente), contoneándose, trazou un perfecto círculo no cadrado, portando unha folla de algunha planta que non acertei a recoñecer, cun 5 feito con pétalos de lilas, quedaban polo tanto tres, asaltos pra rematalo combate.
Pitufina despois de enseñar un seno, aínda non sei, si por descuido, ou pura provocación, comezou a baixar do ring..., era incrible, que das bocas duns seres tan pequeniños... poideran sair unhas palabras tan malsoantes, sobor de todo da bancada dos Gnomos, que ocupaban as localidades orientadas o Norde e o Leste, os Pitufos un pouco máis civilizados e guapos, ocupaban os asentos do Sul e Oeste.
Comezou o quinto asalto, e namentras os Pitufos apoiaban o seu aspirante, os Gnomos, asubiaban e piropeaban, "sic" a Pitufina estratéxicamente ubicada na esquina nor-leste do cadrilátero.
Os trinta segundos xustos, voltou soar a campaniña, repítese a liturxia co mesmo texto, coma entre o carto e o quinto asalto, só que un espontáneo gnomo, consigue tirarlle o top a Pitufina, ela, cándida intentou taparse pero precisaría das miñas mans..., coido que ata me poido ver... eu chisqueille un ollo e está claro que lle gostan as persoas coma nos... sorriume picaramente...
Comeza o sexto asalto... e os oito segundos, un certeiro uppercut de David, dou cos apenas 18 milímetros do Pitufo Gruñón na lona, había un novo “Campión Do Mundo dos Cogomelos”, os xiareiros vermellos, disfrutaban do seu novo Campión e do desnudo integral de Pitufina, totalmente desinhibida... mentres tanto Os Pitufos esvaecíanse coma pingas de choiva nun oceano, os poucos segundos, o tronco, era un vello tronco de máis de mil anos...