Tribuna Viva
Os contos da leiteira de Antón Louro
Hoxe Antón Louro, tenente Alcalde de Pontevedra, anunciou nos medios de comunicación o arranxo da rúa Santa Clara e Praza de José Martí dentro de dous meses. ÿste debe ser como o cuarto anuncio de Antón Louro ao respecto. Os anuncios de Antón Louro sobre o noso barrio, son como o conto da leiteira que nunca teñen fin.
Dende a Asociación de Veciños "Río Lérez", denunciamos unha vez máis ao goberno municipal (BNG-PSOE), polas súas mentiras repetitivas e polo seu engano aos veciños e veciñas do Barrio de Santa Clara, tomándonos por estúpidos, porque pensan que o estar no poder imprimelles carácter por riba dos demáis cidadáns, esquecendo que somos os cidadás quenes os poñemos no poleiro. Comportamento que só corresponde a políticos dictatoriais, xa que os demócratas escoitan aos cidadáns, aceptan as críticas e resolven os problemas que a cidadanía reclama para a súa calidade de vida.
¿Que lles pasa a estos políticos de medio pelo que non son capaces de escoitar as voces cidadans? Nos se pode presumir de demócratas cando non se escoita aos cidadáns e menos cando se lles minte e se lles engaña como fan o BNG e o PSOE de Pontevedra. Actitude arrogante, vengativa que corresponde a comportamentos totalitarios. ¿Ou é que estos politicos non son capaces de asimilar as críticas cidadáns aos seus incumprimentos?.
Dende a Asociación de Veciños "Río Lérez", lles decimos ao goberno local que xa esta ben de insistir na mentira, na vinganza, na descalificación, porque os veciños non somos parvos, i especialmente ao Teniente de Alcalde Sr. Louro, que deixe de contarnos máis contos, que para contos xa lemos os de PINOCHO. Os veciños do barrio de Santa Clara queremos realidades, xustiza e menos anuncios demagóxicos e propagandísticos.
ESTAMOS SENDO DISCRIMINADOS RESPECTO AO RETO DE CIDADANS DE PONTEVEDRA.
Pontevedra, 22 de Abril de 2013
Asdo. José LuisVidal Laiño (secretario)