Tribuna Viva
Mala xente
Vouno decir dun xeito simple para que o entendades, por que o certo é que non sei se isto o ignorades (o cal sería malo), ou xa o sabedes (o cal sería moi malo), ou simplemente nin sequera vos importa (o cal sería peor, si cabe).
Sodes Mala Xente.
Sen paliativos, Mala Xente, por que non pode caber outra definición, para quen sae nos medios decindo ser salvagarda de dereitos de moitos colectivos, e logo ten aos seus traballadores sen recoñecerlle os que lle son propios.
Mala Xente, por que permitides, por non decir fomentades, que recoñezan cun cero en disponibilidade, a estes traballadores, aos que se lle negan os seus días de descanso sen xustificación suficiente, aos que se lle negan os seus dias de asuntos propios sen importar o motivo, aos que non se lles respeta o descanso mínimo entre xornadas laborais, sendo que nalgún caso se viron obrigados a encadear 3 xornadas laborais de 8 horas, as veces máis, con únicamente 8h de descanso entre cada unha delas. Pero iso para vos vale cero.
Mala Xente, por que igualmente permitides-fomentades, que a estes traballadores se lles puntúe cero en responsabilidade, sendo os unicos que teñen a inmensa obriga de ter que decidir en cuestión de segundos, e moitas veces menos tempo, si coartar a liberdade de outros cidadáns, si para elo teñen que facer uso da forza, ou si ademáis é preciso o uso de elementos contundentes, incluso letais. Para despois ter que dar explicacións da decisión tomada, as veces en décimas de segundo, ante quen vai ter días ou incluso meses para valorala dende un despacho, e no seu caso cuestionar ou expedientar a quen estivo no lugar dos feitos. Pero iso para vos vale cero.
Mala Xente, por que estes traballadores demostraron ao longo dos anos unha dedicación pola cidadanía moito maior da exixible, asumindo labores que non lle son de obrigado cumprimento (educación viaria, mediacion,...) tendo que compaxinalo coas súas labores habituais, que se continuaban realizando con excelencia, para o que non quedaba outra que ceder tempo particular para estas labores, sin que en ningún momento se cobrara por elo, nin tan siquera se nos pasara pola cabeza solicitalo. Pero iso para vos vale cero.
Mala Xente, por que o nivel de implicación destes traballadores, chega ata tal punto que en non poucas ocasións tiveron que arriscar a súa integridade física, para tentar salvagardar a de outros, chegando a sufrir diferentes lesións por elo. Pero iso para vos vale cero.
Mala Xente, por que a todo iso, tiñamos que sumarlle as cargas propias destes traballadores, tales como a perigosidade, a nocturnidade, o ter que estar sempre enfrontándose a quen se considera por riba da norma, mentres que somos mal vistos, por quen non sabe o que sucede, pero lle resulta máis doado identificarse có «non uniformado», e un longo etc.
Mala Xente, por que durante os anos en que todo isto sucedía, varios fucionarios do mesmo grupo, foron acadando un maior nivel adquisitivo, sen dúbida algunha totalmente merecido, pero eles non. Por que estes traballadores para vos valen cero.
Mala Xente por que mentres todo isto sucedía, e os únicos coñecedores desta situación eran os traballadores e vós, todo eran eloxios para eles, boas palabras, e palmadiñas nas costas (quen sabe si acompañada dalgunha que outra puñalada, tamén). Pero resulta que as boas palabras e os eloxios non compran pan. Por que demostrastes que vindo de vos iso si que vale cero.
E sodes Mala Xente, por que resulta que un día estes traballadores, cansos de ser os únicos coñecedores da súa precaria situación, decidiron sacar á luz pública todo aquilo que vos xa coñecíades. E de súpeto pasaron de ser un modelo a seguir e os mellores de Galicia, a unha «charanga», uns «Privilexiados», e as marionetas dun partido político concreto. E todo o que fixeron para merecer tal desprecio foi dar a coñecer as súas condicións laborais.
Pois deberían reflexionar en que si algo tan simple como a verdade, fai que se sintan tan incómodos que non topan outra solución que atacala, igual é que esa verdade lles deixa en evidencia, por que lles mostra como son en realidade. MALA XENTE.
E chegados a este punto eu so vexo dúas saídas, ou asumen que teño razón e continúan comportándose como a MALA XENTE, que eu estou seguro que son. Ou demostran que estou equivocado, poñéndose a traballar nunha solución real a esa verdade tan incómoda que estes traballadores lles mostran.
Inda que para vos seguramente vale cero a opinión dun Policía Local de Pontevedra dende hai máis de 12 anos, ao que nalgún momento lle puxo unha medalla quen agora o tilda de charanga e privilexiado.
***José Luis Serantes Vaz