Tribuna Viva
Veciños secuestrados polo campionato de España de Tríatlon
Onte fomos moitos os veciños do Barrio de Santa Clara e doutros lugares da cidade que protestaron por sentirse secuestrados polo campionato de triatlon celebrado na nosa cidade. Moitos veciños e veciñas non puideron sair dos seus garaxes durante casi unha xornada, ben para ir a traballar ou para outros menesteres, e sen alternativas, e ademais cunha informaciòn un tanto confusa dos cortes de trafico.
Dicen que estes campionatos son beneficiosos para a hosteleria e para gloria do sr. Alcalde pero a conta de perxudicar a moitos cidadáns.
No barrio de Santa Clara e na sùa contorna, somos sempre os perxudicados con este tipo de probas ou campionatos, sen que se nos den alternativas, pese a telas pedida moitas veces.
¿Non hai cartos de todos e todas nos para que o sr. alcalde, parte do seu goberno e afins vaian de excursion a Mexico ou otros lugares sen que os contribuintes seipamos cales son os beneficios para a cidade? Pois que tamèn habiliten unha partida econòmica, que de seguro non vai afundir (,màis que as escursiòns do goberno), as arcas municipais, e habiliten un bono gratuito aos veciños con garaxe para que poidan aparcar o seu coche noutro garaxe, que lle facilite a mobilidade e ao mesmo temo, non perxudique as probas deportivas.
Si onte o perxuízo e o cabreo foi monumental, que nos esperará o ano que ven con campionato europeo de triatlon que será de varios días?
Os veciños e veciñas de Santa Clara, non nos opoñemos a este tipo de campionatos, pero somos os mais perxudicados, POLO QUE PEDIMOS SOLUCIONS.
Josè Luis Vidal Laiño
(Secretario en funciòns da Asoc, Veciños Rìo Lèrez)