Tribuna Viva
Tras da pista de Colon-Day
A vila de Cambados, xunto co couto de Nogueira e o couto de Rial de Corbos constituían, na idade media, o señorío de Cambados, que pertenceu a Pedro Alvarez de Sotomayor, Conde de Camiña, coñecido como Pedro Madruga; e co paso do tempo,vía enlaces matrimoniais, pasaría a formar parte do patrimonio da Casa de Alba.
A vila de Cambados era,daquela,un pequeno territorio,co seu porto de mar, incrustado entre a vila de Fefiñáns e a de Santo Tomé do Mar, cada unha co seu porto de mar.Tres vilas, lindando entre elas,e tres portos de mar,a do medio,Cambados.
O couto de Nogueira,que formaba parte do señorío de Cambados, abranguía o que eran e siguen sendo tres parroquias de :San Lorenzo de Nogueira, Santo Tomé de Nogueira e San Vicenzo de Nogueira. Estas tres parroquias pertecen agora ao Concello de Meis,e eran camiño obrigado para desprazarse por terra entre Cambados e Pontevedra. O couto de Nogueria estaba situado a medio camiño entre Cambados e Pontevedra.
Por último, formaba parte do señorío de Cambados, o couto de Rial de Corbos, un pequeno territorio situado dentro da fegresía de Santa Cruz de Castrelo.
Unha das casas poderosas do couto de Nogueira era a Casa de Caticovas, que estaba e segue estando,na fegresía de San Vicenzo de Nogueira.
Na árbore xenealóxica da Casa-Pazo de Caticovas figura Bartolomé Day,(ou de Ay).
Gregorio Gonzalez de Caamaño --- Antonia de Caamaño
Bartolomé Day --- Maria Daval Caamaño - Gregorio de Caamaño - ?
Maria de Caamaño --- Domingo de Muyños
A presencia de Bartolomé Day na árbore xenealóxica da Casa-Pazo de Caticovas aparece rexistrada nos apeos de Juan de Arnilla, publicados en pares.mcu.es .Os apeos de Juan de Arnilla eran catastros dos foros otorgados mediante escritura pública anos atrás, polos frades do mosteiro da Armenteira,e tiñan como función recoñecer aos novos posuidores dos bens aforados polo mosteiro. Cando Juan de Arnilla desprázase,ala polos anos de 1630,comisionado polos frades do convento da Armenteira, para pescudar quen son os novos posuidores deses bens raíces,o que fai é buscar unha casa do lugar que lle sirva de auditorio,e alí convocar aos testigos do lugar e tomarlles declaración por escrito.
Cando toma declaración aos testigos sobre a metade do lugar de Souto de Sobreira,situado na fegresía se San Vicenzo de Nogueira,eles,cito e traduzo textualmente: "Dixeron que eles saben e coñecen moi ben o dito medio lugar de Souto da Sobreira,sito na dita fegresía de San Vicenzo de Nogueira,e os bens que ten e quen os leva e posee,que é de foro do dito mosteiro de Santa Maria de Armenteira,e os que os testigos saben e coñecen,e os que os levan e poseen son os ditos seguintes, desta maneira:Primeiramente din os testigos que ten o dito medio lugar e é cabeza del,unha casa terreña cuberta de palla,na metade da cal vive e mora Antonio Belosso,labrador, como xenro de Antonio de Caamaño,defunto;e na outra metade dél vive e mora Juan de Recarey,de man e orde de Domingo de Muyños, xenro de Bartolomé Day.
Ese Bartolomé Day, como vemos no árbol xenealóxico era,por 1630, xenro de Antonia de Caamaño,orixinaria da poderosísima Casa-Pazo de Rubiáns, situado na parroquia de Santa Maria de Rubiáns, no concello de Vilagarcia de Arousa;e sogro de Domingo de Muyños, procedente da poderosísima Casa-Pazo do Rebel,situada en San Pedro de Vilalonga,no concello de Sanxenxo.
Debería ser, polo tanto, un personaxe importante, este Bartolomé Day, pero non está identificado, como o están a súa sogra e o seu xenro, como procedente dalgún liñaxe poderoso da zona,con casa solarega. Hai sobre os Day un misterio sobre o seu pasado parecido ao que hai sobre os Colón.
Teño no meu poder o libro "La identidad de Cristobal Colón", escrito por Alfonso Philippot Abeledo.Na páx 703 reproduce e comenta a CARTA DE JOHAN DAY A CRISTOBAL COLON. Na páxina 705,cito e traduzo textualmente: "Temos de consignar que o couto de Nogueira,de onde procedía a familia Day,pertecía a Pedro Madruga por dereito hereditario".
Para Philippot,ese Johan Day que desde Inglaterra remite unha carta a Cristobal Colón, descendía dos Day do Coto de Nogueira,e polo tanto sería un antepasado do Bartolomé Day que polo 1630 vive e mora na Casa-Pazo de Caticovas.
Johan Day.Londres.Arredor de 1500
Bartolomé Day.Cambados.Arredor 1600
Na carta que remite desde Inglaterra,e que apareceu non hai moitos anos no Arquivo de Simancas, Johan Day admite que o seu señor é o Rei de Inglaterra, para quen traballa,pero polo trato reverencial que lle dá a Cristobal Colón,usando termos como "Magnífico y virtuoso Almirante Mayor", "Magnífico Señor", ou "vuestra Serñoria",e o compromiso por servilo fornecéndolle os libros que lle manda enviar e comprometéndose a telo informado dos descubrimentos que fan os ingleses , parece como se a quen realmente estivese subordinado fose a Cristobal Colón. Como se ambos formasen parte dunha das numerosas ordes militares que había por aquela época,onde Cristobal Colón sería o xefe de Johan Day, e por iso Colón lle mandaba,non lle pedía, nin lle rogaba,ordenáballe que lle enviase determinados libros e lle pasase toda a información que tivese sobre as expedicións marítimas dos ingleses.
Johan Day,polas expresións que usa,aparte de ser libreiro debería ser cartógrafo,e moi bó,por iso o "fichou" o Rei de Inglaterra. El non sería un navegante,senón a persoa que estaría en terra recibindo os testimonios feitos polos navegantes por orden do Rei,e a partir desas informacións iría elaborando as cartas de navegación. Por iso na carta que Johan Day lle remite a Colón asegúralle que calquera descubrimento que se faga,el vai enterarse. E que informará a Colón "sin prexuizo do meu señor,o Rei".
Evidentemente,esa información era moi valiosa,e non sabemos se Johan Day estaba autorizado polo Rei de Inglaterra a compartila con Cristobal Colón. Non imaxinamos ao Rei de Inglaterra,despachando con Johan Day…"isto llelo contas porque non me perxudica,e isto non llelo contas porque me perxudica".
O máis probable é que Johan Day estiveses arriscando a vida ao compartir con Cristobal Colón a información que lle chegaba dos navegantes ingleses.Non sabemos como acabou esta relación epistolar entre Johan Day e Cristobal Colón. O que sí sabemos,pola Wikipedia, é que vivíu en Londres,e morreu en 1584 en Londres, un home de nome Jhon Day que era impresor,imprimia libros que pulaban do protestantismo,chegou a estar preso, e… sobre a súa orixe.. un misterio. Seica, cito e traduzo testualmente o wikipedia: "Existe unha antiga tradición que afirma que Day nasceu en Dunwich, porén non hai evidencia documental que apoie esta crenza.Os seus orixes,e os eventos da súa vida temprana fican na escuridade"
No libro antes citado de Philippot podería estar unha pista sobre o tipo de relación que existía entre Cristobal Colón e Johan Day.Afirma Phlippot que arredor de 1403 partíu para Asia Paio Gomez de Sotomayor,un representante do poderoso liñaxe dos Sotomayor da vila de Pontevedra.Ía en misión diplomática por encargo do Rei de Castela.Este Paio Gomez de Sotomaior debeu voltar moi prendado de Asia á súa vila de Pontevedra. O seu corpo está sepultado no que hoxe son as ruinas de Santo Domingo de Pontevedra.
Supoño que a partir da información que forneceu Paio Gomez de Sotomayor os comerciantes de Pontevedra, Cambados,Santo Tomé do Mar, Fefiñáns, Vilaxoán, Redondela, Baiona, etc, convencéronse de que a vía terrestre era impracticable para o comercio con Asia, a vía marítima bordeando Africa estaba baixo control dos portugueses, así que só quedaba arriscarse através do océano se se quería chegar a Asia.
Pero a pista non é esta. Porque a esta conclusión tamén chegarían os comerciantes de centos de vilas e ciudades de toda Europa. A pista é que Paio Gomez de Sotomayor era membro da Orden da Banda. Os membros da Orden da Banda identifcábanse cun escudo no que,mirando de frente, víase unha banda que cruzaba o escudo desde o extremo superior esquerdo ata o extremo inferior dereito. Os membros da Orden da Banda eran persoas da máxima confianza do Rei, e a eles encomendábanlle misións difíciles e complicadas, como ir a Persia a conversar co Gran Tamerlán... ou(isto xa é unha suposición)… ir a descubrir América… ou ir a facerlle cartas de navegación ao rival Rei de Inglaterra. Esa si é unha pista. O escudo da Orde da Banda á que pertecía Paio Gomez de Sotomaior.
Porque cando os Reis Católicos deciden premiar a Colón polo seu descubrimento,entre outras prebendas concédenlle un novo escudo,que substitúe ao que xa tiña. Non hai moitos anos,as autoridades dominicanas tiveron a amabilidade de publicar nas redes a carta de concesión do escudo a Colón polos Reis Católicos,e unha foto do escudo orixinario.
En substitución do escudo que "solíades traer" agora concédenlle un novo escudo dividido en catro cuarteis.
Os dous da parte de arriba son para as coroas de Castela e León.O terceiro cuartel, mirando de frente,abaixo á esquerda, é un debuxo que representa as illas descubertas; e o cuarto cuartel,situado abaixo á dereita,é o espacio que se lle adica ao escudo que "soliades traer".
Ese escudo que "solíades traer" é idéntico ao escudo que identifica á Orden da Banda. Unha banda atravesada,mirando de frente, desde o extremo esquerdo superior ata o extremo dereito inferior. Coa variante,no "escudo que soliades traer" de que no xefe,denominación da parte superior do escudo, hai unha faixa granate.
Esta si que é unha pista seria sobre quen era Cristobal Colón,porque se hai algo que lles preocupaba aos Reis Católicos era o uso non autorizado nin recoñecido dos escudos. As falsificacións eran castigadas. Se Cristobal Colón dispoñia, antes do descubrimento de América, dese escudo,a banda coa faixa granate,era porque lle pertecía,era por pertecer el, Cristobal Colón, a un liñaxe que gañou,non sabemos cando nin como,pero por méritos propios, o dereito a lucir ese escudo de armas. A pertencia de Cristobal Colón e Johan Day á Orden da Banda, na que Colón estaría nunha posición xerárquica superior a Day é unha desas pistas que ata onde eu sei non está investigada polos estudosos colonianos.
Isidoro Padin Cortegoso.