Tribuna Viva
Carta do presidente da Prataforma Os Praceres: Non se pode ser agradecido a malnacidos
Onte vendo a prensa a veciñanza de Lourizán quedamos máis que sorprendida. O Concello de Pontevedra rexeitou a proposta de Fomento para soterrar os pasos a nivel ilegais que dividen a nosa praza. Como xa non somos nov@s nisto resultounos surrealista por tres motivos fundamentais:
1- Se facemos un poco de memoria histórica vemos como estes individuos que agora din alarmarse por esta situación foron quenes permitiron todas as ilegalidades que a Plataforma Pola Defensa da Praza dos Praceres ven denunciando e gañando nos tribunais dende fai 12 anos. Nin que dicir ten que as tres forzas políticas renunciaron ao diálogo e empregaron a maquinaria do poder para cometer tales aberrracións.
2- A proposta de Fomento é, con ánimo de ofender a quen se de por aludido, dunha imbecilidade manifesta. Non o dicimos nós, o dí a xustiza. Os pasos a nivel soterrados seguen sen cumprir a sentencia. Polo tanto, negarse a esta aberración non vai ter ningunha consecuencia política no seo dos seus partidos nin, moito máis importante, no futuro devenir da nosa maltratada parroquia.
3- Coa disciplina interna que ten o Partido Popular resulta curioso que unha forza opositoria nun concello sexa quen de contradicir unha política emanada do Ministerio de Fomento, curiosamente ocupado actualmente por unha pontevedresa. Se quixeran opoñerese o farían internamente e non nos medios. Se realmente esta oposición puidera conseguir algo o seu secretario de partido faría rodar cabezas.
Polo tanto podemos concluír que todo apunta a unha estratexia, nada novedosa por certo, consistente en gañar tempo. Mentres desvían a opinión pública a debatir de algo absurdo pola súa ilegalidade o único certo é que o tren segue circulando pisoteando unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza, e outras mais.
Engadir para rematar que seguimos loitando polo soterramento do ferrocarril no seu paso pola Praza dos Praceres como única solución legal que permita que este chegue ao Porto. Lourizán contra un tren de inxustizas.
Lourizán Terra Mártir.
Eladio Torres, presidente da Prataforma Os Praceres.
19.04.2013