Victoria Portas
A xustiza sen perspectiva de xénero non é xustiza, é outra cousa…
O 2 de maio do 2017, a Maxistrada Glória Poyatos do Tribunal Superior de Justicia de Canarias (Las Palmas), xulgou con perspectiva de xénero as pensións das traballadoras da España Franquista (SOVI).
Estos días veño de celebrar outra, a Sentenza do Tribunal Constitucional (STC 61/18, de 7 de xuño) que anula o cómputo dos ingresos pola Unidade Familiar no Subsidio para maiores de 52/55 anos. De celebralo non só porque moita máis xente poderá acceder a ese subsidio tan necesario para acceder con un pouco de dignidade a xubilación, non só porque é un subsidio que dará de comer a moita xente que neste intre carece de ingresos debido a unha crise que os poderosos inventaron e que nós temos que padecer, ésta sentencia é unha desas sentenzas con "perspectiva de xénero" que tanto fai falla no século no que vivimos. Que de unha obrigación individual só se accedia o dereito de forma patrialcal en función dos ingresos do cónxuxe.
Ainda que a Lei 3/2007 no seu artigo 6 fala da discriminación directa e indirecta no seu punto 2 "Se considera discriminación indirecta por razón de sexo la situación en que una disposición, criterio o práctica aparentemente neutros pone a personas de un sexo en desventaja particular con respecto a personas del otro, salvo que dicha disposición, criterio o práctica puedan justificarse objetivamente en atención a una finalidad legítima y que los medios para alcanzar dicha finalidad sean necesarios y adecuados."
Atopámonos que posteriormente as Leis 27/2011 e 05/2013 a siguen perpetuando, incumplen no mandato constitucional da non discriminación, é contraria o principio da Carta Social Europea de incremento progresivo do sistema de protección de seguridade social e incluso é contrario a Directiva 79/7/CEE relativa a aplicación progresiva do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres en materia de seguridade social e da Directiva 2006/54/CE relativa a aplicación do principio de igualdade de oportunidades e igualdade de trato entre homes e mulleres en asuntos de empleo e ocupación.
Na actualidade existen 9.505.965 pensionistas no territorio español onde 3.158.053 son mulleres con pensións inferiores os 650€. Como nós as mulleres podemos, influir no noso futuro, como lograr que existan máis sentenzas en prespectiva de xénero? Demandando, demandando contra a discriminación de xénero.
Os estudos nos dicen que os homes os 65 anos levan unha media de 35 anos cotizados, mentras que as mulleres teñen uns 24 anos, polo que o lexislador aumenta os anos cotizados a sabendas que as mulleres terán que pospoñer a súa xubilación xa que non reunirá os requisitos. Contra isto denuncia no Xulgado do Social.
O cumplimento de lagoas de cotización o 50%, ou a 0 no RETA ou Empregadas do fogar, nun periodo de 25 anos, fai que as carreiras curtas de cotización sexan gravemente penalizadas e que afectan maioritariamente as mulleres, xa que os datos nos dicen que da totalidade de xubilacións concendidas só un 34% son mulleres, e principal perxuizo a autónomas (RETA) e Empleadas do Fogar. Contra isto denuncia no Xulgado do Social.
O 80% da contratación parcial corresponde a mulleres, que no momento da súa xubilación se lle aplicará o Coeficiente de parcialidade cumplimentando así con lagoas tamén parciais, nova discriminación de xénero. Contra isto denuncia no Xulgado do Social.
E os complementos a mínimos que ás veces nos dán como quén da esmola, pois as mulleres non queremos esmola queremos que se nos recoñezan os traballos realizados a sociedade e que máis que recoñecernolo nos penalizan. Ante a concesión de complementos a mínimos e ante un dereito individual, contra isto denuncia no Xulgado do Social.
E como só se podería decir máis alto pero non máis claro: "En materia de género, hay dos formas de impartir justicia, hacerlo mecánicamente y hacerlo con perspectiva de género. La primera perpetúa la Igualdad formal, la segunda, en cambio, camina hacia la Igualdad real ( que nunca llega) entre hombres y mujeres . Una Justicia sin perspectiva de género, no es Justicia, es otra cosa…" da Maxistrada Glória Poyatos na STSJ de Canarias.