Victoria Portas
Labregas por un trato digno na enfermidade e na vellez
A 01.01.2016 o 34 % da poboación galega era maior de 65 anos, e deses porcentaxe o 66 % son mulleres. Pero pola contra, hai 26.6 % menos mulleres que homes percibindo pensión contributiva de xubilación.
As pensións galegas son as máis baixas do territorio español e as das mulleres están nunha media de 600 €. A Fenda salarial nas pensións xa se atopa no 36.8 %.
Os retos cara a igualdade na nosa vellez son principalmente :
1º.- PRECARIEDADE LABORAL, FENDA SALARIAL E TEITO DE CRISTAL.
En Galicia hai máis de 30.000 labregas que non son titulares da explotación na que traballan e que figuran como axuda familiar. Situación que provoca que :
1º.- A maior fenda salarial entre sexos na Galiza, é no sector da agricultura, gandeiría, silvicultura e pesca onde se sitúa no 31.9 %.
2º.- Se non se está como cotitular, non cotizan e carecen de dereitos e ingresos propios. A pesar de que levades anos realizando o mesmo traballo dos homes, e iso provoca que apenas o 5% das labregas galegas se xubilan coa pensión íntegra, fronte ao 80% dos homes que traballan no campo.
A Lei de Titularidade Compartida da a posibilidade que por fin as labregas poidan figurar como cotitulares, xunto á súa parella, do negocio familiar de explotación agraria, polo que os seus rendementos económicos e subvencións repartiríanse ao 50%. Pero é unha medida que non acaba de callar no rural galego, (outubro de 2016 só 17 mulleres solicitaron a cotitularidade).
2º.- POÑER EN VALOR A ECONOMIA DOS COIDADOS E DA CONCILIACIÓN
Responsabilízase as familias do coidado dos chamados dependentes, nenos, anciáns, enfermos…pola contra, as sociedades nun estado de benestar máis desenrolado está incorporado no diario colectivo que este coidado compete a sociedade.A lei da dependencia 2007 era ese pequeño gran paso que se frustou por culpa da “crise”.
O 94% das excedencias por cuidados de crianzas as seguen asumindo as mulleres; e o 85% das excedencias para cuidar enfermos e anciáns.
As nosas mulleres son as máis afectadas polo emprego parcial (70%), e das cales o 58% desexaría traballar a xornada completa.
Conciliar non é ter os nenos todo o día no cole e logo ludotecas para poder traballar, ese non é o concepto da conciliación. Danos tristura ver como a xente maior se queixa de estar soas ou nas residencia de anciáns…. Pero acaso se ten outra saída????
3º.- AS REFORMAS DAS PENSIÓNS DENDE O 2011
A esixencia de vidas laborais prolongadas dificulta que as mulleres poidan acceder a unha pensión.
Polo tanto a configuración do sistema de pensións español, centrado na contributibidade en vez de aliviar as desigualdades de xénero no mercado laboral, as perpetúa, se penaliza gravemente ás persoas que coticen menos anos e por menos importe. Ademais as últimas reformas do sistema ,que vostede e os seus levaron a cabo acentúan esta fenda de xénero, agravándoa considerablemente pola ampliación do período de cotización necesario para conseguir o total da pensión de xubilación, aumentar o número mínimo de anos cotizados, aumentando a penalización das lagoas de cotización e endurecendo as regras de cálculo da pensión en función das cotizacións.
Este comportamento claramente patriarcal na política actual mantense a base de que as mulleres levemos o peso da atención à infancia e à dependencia. E non só se perpetua a desigualdade, senón que ademais o envellecemento ten cara feminina, ”feminización da vellez”. Deste modo, a muller, aínda que vive unha media de 5 anos máis que os homes, ten menor nivel de saúde e maiores posibilidades de acabar como dependente e caer en niveis de pobreza.
É pois, unha necesidade perentoria reflexionar sobre os efectos que provoca o actual sistema nas persoas que adican parte da súa vida a coidar aos nenos e às persoas dependentes (actividade indispensabel para a sostenibilidade da sociedade) e repensar posibles alternativas para superalo.
Elaborar un Plan de Emprego para as Mulleres, que incida na incorporación das mulleres ao emprego remunerado, recolla medidas concretas para garantir o principio de a igual traballo igual salario e incorpore liñas específicas para atallar a discriminación das mulleres nos ámbitos produtivos (labregas, mariscadoras, redeiras...) nos que hai unha importante presenza feminina.
E Como dicía Manuel María:
“As mulleres galegas-labregas,
mariñeiras, artesás, obreiras,
pasado, pobo, presente,
alma e futuro de Galicia-
as que non foron cantadas”