Ainhoa Fervenza Celestino
Reclamacións veciñais
Dende o PSdeG-PSOE de Sanxenxo queremos poñer de manifesto varais reclamacións veciñais.
Cando a maquinaria da administración está en mans de alcaldes que non miden as consecuencias dos seus actos, non teñen en conta as opinións da veciñanza, están en posesión da verdade absoluta cun dialogo interior que os retro-alimenta dicíndose a si mesmos que o que teñen en mente é o único é o mellor... estamos apañadas e apañados.
Estamos vendidos... e non é que nos teña vendido ninguén, porque está aí con toda a lexitimidade que lle outorgaron os votos, o cal tamén nos ten que facer reflexionar, porque para iso temos cabezas enriba dos ombros.
O impulsor dos soterrados non tivo en conta no seu momento, ou sexa non planificou nin estudiou as consecuencias, senón que actuou en base a impulsos... coma case sempre, que os soterrados necesitan cartos, e moitos, para o seu mantemento, polo que agora definitivamente os anula, xa que non son seguros porque non se previron as partidas necesarias para os mesmos.
Agora tocoulle aos cubos do lixo... temos un alcalde que decide mover os cubos do lixo para reubicalos e que non estean tan espallados os distintos tipos de contedores de recollida selectiva. Isto que está moi ben fora dos núcleos urbanos onde si están totalmente separados uns doutros, non ten as mesmas consecuencias nos núcleos urbanos.
En Sanxenxo coa escusa da reubicación, o noso alcalde quita os contedores das zonas que o seu entender deben de molestar os nosos visitantes no verán, como sempre esquecéndose de que neste concello habitamos persoas todo o ano, e somos imprescindibles para que os nosos visitantes sigan vindo a Sanxenxo.
Existe un malestar xeral da maioría dos comerciantes, hoteleiros e resturadores que teñen que levar o lixo polo medio das zoas con maior trafico de peóns dunha punta a outra na zona portuaria.
Non é unha reclamación ao aire, é a realidade para os que o queiran oír, non se pode facer que as persoas que dan servizos a todos os nosos turistas teñan que trasladar quilos de lixo todos os dias para que a recollan, porque non é lóxico, o servizo de recollida de lixo é unha das responsabilidades da administración dun Concello coma este, pero para facilitarlla á veciñanza, non para agochala dos turistas, debe primar a eficacia do servizo, que sexa áxil, limpo, sen olores e que repercuta o menos posible no desfrute dos nosos visitantes, pero isto é un punto máis a ter en conta, non o único.
Coma sempre o noso alcalde esquécese de preguntarlle os implicados, e se lles pregunta xa ten a resposta, e de pouco serve o que lle digan, antes de tomar unha decisión coma esta, que implica levar o lixo o fondo do porto deberían alo menos escoitalos, pero para iso tamén hai que practicar.
Outro punto que nos gustaría reseñar e como de novo se toman decisións sen valorar as consecuencias das mesmas, neste caso o de facilitar o dia de San Xoán que se fixeran fogueiras en praias urbanas despois de pechar os permisos en Montalvo.
O PSdeG-PSOE pensa que este tipo de accións non fomentan a razón de ser desta noite, a noite de San Xoán perdeu o seu contido cando se converteu nun botellón permitido polo noso alcalde nas distintas praias. Anulou o macro botellón de Montalvo polas implicacións medioambientais, o cal aplaudimos, pero o permite nas urbanas, a pregunta que lle queremos facer o señor Alcalde e como vai a facer para frear o efecto chamada para o ano vindeiro, cando todolos adolescentes que ían a Montalvo e non foron este ano vaian a Silgar, a Panadeira... para emborracharse, cantos efectivos pensa poñer para paliar o que vai acontecer polo efecto do alcohol en todas estas persoas, supoño que porá alomenos servicios portátiles xa que as reclamacións que nos fixeron chegar a veciñanza afectada por esta noite foron que o día despois aburríronse de limpar ouriños e defecacións das entradas de garaxes e portais. As decisións teñen consecuencias reais para a veciñanza é algo que o alcalde xa debería ter aprendido.