Tribuna Viva
Valoración sobre a Ponte Malvar
Ao longo dos últimos anos a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzons levamos a cabo unha serie de actuacións que tiñan como fin o dar a coñecer a situación que están pasando as familias que viven no lugar da Rons ( Tilve ) que comprende o tramo antigo da N/550, por donde está situada a Ponte Malvar.
Moi pronto se cumprirán tres anos que empezamos a contactar con infinidade de cargos e directivos de institucións, representantes de asociacións e comunidades, representantes políticos ( desde o Concello de Pontevedra ata o Congreso dos Deputados), administracións , medios informativos, etc.
Informámoslles desta situación que están vivindo os veciños do lugar, pedimoslle a súa opinión e a súa valoración sobre a falta de servizos que alí teñen.
Tras ver o lugar, ben en persoa, como por informes que lles presentamos, todos eles están de acordo en que a situación dos veciños do lugar é verdaderamente lamentable e que non son culpables de estar así debido a que as administracións non se dan posto de acordo para realizar as oportunas xestións que conleven dunha vez por todas a considerar que este lugar necesita ser tratado mínimamente como calquera outro lugar da parroquia, queremos aproveitar para dar as grazas desde a Xunta Directiva da Asociación de Veciños o apoio que nos deron desde o primeiro momento.
A veciñanza que vive nesa zona teñen os mesmos dereitos que os demais veciños da parroquia, pagan os seus impostos como calquera outro veciño, pero a cambio non reciben en investimentos o necesario e xusto que se merecen por Lei.
Aí deixamos esta reflexión os responsables desta situación, non comentamos nada máis, o demais xa o saben desde que foron invitados a visitar este tramo da N550, onde por certo a maioría dos partidos estiveron presentes no lugar para observar as deficiencias que alí existen desde sempre.
Ainda así na Asociación de Veciños seguimos pedindo valoracions, aportacións é apoios sobre o tramo é a Ponte Malvar , un dos últimos traballos que fai uns días nos entregaron ven da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, ten que ver coa Ponte Malvar e o seu estado, un traballo que queremos facer público para que quizáis lles sirva de acicate a todos aqueles responsables políticos e das administracións correspondentes que teñan algo que ver con esta problemática e así volver reformularse de novo a situación que estamos padecendo debido á falta de infraestructuras adecuadas aos tempos que corren e non á dos anos sesenta que é como está este lugar, e doutra banda a Ponte Malvar, un valor patrimonial que necesitamos recuperar para poñer en valor con motivo da celebración para o próximo ano do milenio da parroquia.
Finalizamos recordando que foi o 30 de Novembro do 2015 cando no pleno celebrado ese día presentouse unha moción referente á reclamación que a Asociación de Veciños de Cerponzons viña pedindo. Dita moción aprobouse por unanimidade, pero de momento non sirviu de nada, as cousas siguen igual que antes é os veciños son os perxudicados deste desagravio.
Juan Jose Esperon
Secretario da Asociación de Veciños O Chedeiro