Victoria Portas
Un novo primeiro de maio, un novo paso atrás
"Montoro anuncia unha reforma do IRPF para tramos de pensións entre 12.000 a 18.000€. Presumindo da mellora de 1 millón de pensionistas."
Quen pretende mentirnos?. Quen pretende manipularnos? Quen dí que nos representa e non denuncia esta calumnia?. A realidade é que os desempregados pasarán a ter un mínimo exento inferior ao do 2017, xa que a proposta do Goberno nos PGE elimina os 600€ adicionais de exención na retención do IRPF dos pensionistas e os 1.200€ dos desempregados, aumentando incluso o IRPF destes últimos. E o leva a cabo porque suprime o artigo 81.1.2 do Regulamento actual do IRPF: "Los importes previstos en el cuadro anterior se incrementarán en 600 € en el caso de pensiones o haberes pasivos del Régimen de la Seguridad Social y de Clases Pasivas y 1.200 € para prestaciones o subsidios por desempleo". Ao contemplar a eliminación de dito beneficio fiscal fai que aboaremos máis coa suposta mellora.
Non só as novas táboas para a suposta "exención para pensionistas" son inferiores as xerais senón que mesmo se diminúen por baixo dos mínimos actuais, é dicir, aquel ou aquela pensionista con cónxuxe con ingresos inferiores a 1,500 € e dous fillos pasan dun mínimo exento de 17.738 € a outro de 17.386 €.
E coa desculpa de exención dos pensionistas moven tamén a escala para os desempregados castigándoos duramente, xa que perden a exención ata os 1.200€. E decir, os máximos actuais son : sen fillos 13.176 € anuais, con 1 fillo, 15.059,52 € e con dous 16.941,96 €, pois con esta nova modificación atopámonos con que un parado solteiro, separado, divorciado ou viúvo sen fillos, de estar exento pasará a pagar IRPF a partir dos 13.000 € o os que teñen dous fillos pasarán de estar exentos a pagar impostos a partir de 16.451.5 €.
E temos que crernos que "pagarán os que máis teñen"?
Atopámonos totalmente desprotexidos, pois nin os que din ser os nosos representantes se preocupan de denunciar o que está a suceder nas institucións, ben porque eles son parte de esas cúpulas capitalistas, ben por ignorancia. E ademáis din que van a combatir determinados movementos….
Hoxe máis ca nunca recordo con agarimo e tristura aqueles que tiven o pracer de coñecer e partillar defendendo os dereitos dos traballadores, e sen necesidade dunha nómina chamábanse sindicalistas, pois corríalles polas veas a defensa dunha clase obreira oprimida polo capitalismo da cal formaban parte, hoxe non atopo que a situación mudara polo que as loitas tampouco se gañarán nos despachos, a clase traballadora merecémonos outra defensa e máis ca nunca sei que ninguén mellor que nós mesmos poderemos defendernos…….
NON AS ZANOURAS DE MONTORO
NON A LIMOSNA DESTE GOBERNO
NON A DIVISIÓN DA LOITA POR SECTORES
A CLASE TRABALLADORA SOMOS UNHA, ÚNICA E UNIDA EN DEFENSA DOS NOSOS PROPIOS DEREITOS.