Tribuna Viva
Quen cobra máis, un administrativo ou un policía?
Esta é unha sinxela cuestión; trátase de empregados públicos do mesmo grupo (C-1), que prestan os seus servizos na mesma administración e cada un ten as súas funcións correctamente delimitadas.
Hai, eso si, unha serie de diferenzas entre ambos postos que non deben quedar á marxe á hora de establecer as súas retribucións como son a perigosidade (risco indiscutible inherente á profesión policial), a penosidade (o policía presta o seu servizo na rúa, a expensas das inclemencias meteorolóxicas, do contato con diversas enfermidades, con sustancias tóxicas,...), a turnicidade (a policía leva a cabo a súa función vintecatro horas diarias ao longo de todo o ano), responsabilidade (que implica levar ao cinto un arma de fogo ou ter que adoptar decisións inmediatas sobre a restricción de dereitos fundamentales das persoas), dispoñibilidade (case permanente para cubrir a carencia de persoal que obriga á policía a ter que cubrir tódalas quendas).
Estas características, propias do posto de policía, farían crer a calquera persoa sensata que as retribucións dun policía serían maiores cas dun administrativo; pois non, no Concello de Pontevedra as retribucións dun administrativo (grupo C-1) superan ás dun policía (grupo C-1) e elo débese a que o Complemento Específico, aquel que recolle as características antes sinaladas, é superior no caso dun administrativo ao dun policía en 1.072,56 euros a día de hoxe.
A maiores o posto de administrativo ten sinalado un Complemento de Destino de nivel 20 mentres que o dun policía é de 18.
Hai que deixar ben claro que esto non é unha loita entre distintos funcionarios senon unha comparativa que ven a demostrar que algo non se está a facer ben na xestión do persoal do Concello de Pontevedra e que ten pinta de ir a peor dado os últimos “estudos” realizados para a elaboración da nova RPT.
Asinado. Manuel Sánchez Pallares.
Funcionario da Policía Local de Pontevedra