Tribuna Viva
Nota do Comité de empresa de Cespa ante o conflito laboral aberto
Nos últimos días, apareceron en algún medio de comunicación, informacións relativas a inminente conflitividade na empresa Cespa, por motivo da negociación do seu Convenio Colectivo que deberá regular as condicións de traballo dende o 1 de xaneiro do ano 2012 e durante o tempo que as partes decidan que deberan ser renegociadas.
¿ Por qué, na cidade de Pontevedra as negociacións sempre rematan en conflito?
A pregunta deberíamos de facerlla á empresa Cespa e ten moito que ver coa utilización dos seus traballadores para chantaxear ao Concello para lograr beneficios por riba dos que o seu contrato contemplan. Non hai outra razón. Os traballadores de Cespa, nunca buscaron melloras por encima das normais que se dan en toda negociación. Calquera persoa interesada, poderá comprobar analizando os Convenios Colectivos que se foron publicando nos distintos Boletíns Oficiais durante máis de 25 anos.
¿ Porqué, na situación de crise tremenda na que estamos metidos por culpa dos grandes bancos e dos grupos económicos especulativos, os traballadores e traballadoras respaldaron por unanimidade, na asemblea celebrada o pasado venres, o iniciar medidas de presión para asinar un novo convenio?
As razóns, son as seguintes:
a.- O anterior convenio venceu o pasado dia 31 de decembro de 2011 polo tanto, a empresa está beneficiándose duns aumentos económicos, mentres o persoal ten o seu salario conxelado dende dita data.
b.- A reforma laboral de Rajoy, creou unha alteración das regras de xogo nas relacións laborais que se non actualizamos o texto do convenio, existe unha total indefensión por parte dos traballadores para menter o seu salario, os seus horarios, os seus complementos en caso de enfermedades, a súa estabilidade no emprego etc. ÿ dicir, non se está a pelexar por máis cartos e nón, por non perder o que xá teñen dende hai moitos anos e que solo o afán vampirizador de algunhas empresas lles impide conservar.
c.- O persoal de Cespa na cidade de Pontevedra, está disposto a renunciar a calquera mellora dos seus salarios, si a empresa tamén renuncia ó aumento económico do seu contrato e a súa vez o Concello non incremente o recibo da recollida do lixo aos cidadáns. O que non aceptamos, é que a empresa gañe máis nas crises que nunha situación de normalidade económica e o Concello siga subindo os recibos e que sexan os traballadores e traballadoras da empresa os únicos que verán empeoradas as súas condicións.
d.- Levamos un ano e tres meses negociando cunha ducia de reunións celebradas, creo que queda moi claro a nosa disposición ao diálogo e a gran paciencia demostrada, pero, o que non vamos é a cargar solos coa crise económica e con esta desastrosa reforma laboral que o único que produce é máis paro e miseria na sociedade. Temos a obriga de pelexar por un futuro mellor para nós e para os nosos fillos, e proba da nosa solidarizade queda recollida nunha acta de negociación na que propoñemos que, mentres as cifras de paro sexan tan terroríficas, os postos de traballo que se creen na empresa sexan cubertos por persoas de familias na que todos os seus membros estean en desemprego e non existan outros ingresos para a súa subsistencia.
e.- O Concello de Pontevedra, no seu papel de neutralidade mal entendida para non alterar a liberdade das partes, pode quedar como responsable das alteracións que se poidan producir no servizo da recollida do lixo.
f.- Por último, ante a falla de saídas á situación, despois de 15 meses de vencemento do Convenio e a desaparición do mesmo a partires do mes de xullo, como consecuencia da mencionada Reforma Laboral que recolle a perda de vixencia de todos aqueles convenios que estean vencidos e non sexan renovada a súa vixencia. Nos vemos na necesidade de iniciar actos de protesta os próximos sábados, días 6 de abril e 13 de abril. E si non se desbloquea a situación, verémonos na obriga de convocar unha folga para lograr un convenio que nos garante as condicións laborais para o ano 2012 e 2013.
Pontevedra a 20 de marzo de 2013
O Comité de Empresa