Tribuna Viva
In memoriam de Javier Viéitez
Cando entrei na Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns, o meu interese por temas relacionados coa parroquia levoume a establecer comunicación con Javier.
Vía Messenger comuniqueime con el e díxenlle as miñas inquedanzas sobre temas relacionados co monte, co seu xardín, como el referíase cando falaba do seu querido medio onde traballaba .
Quedamos en vernos aos poucos días na Praza da Verdura, alí atopámonos unha mañá e cun café con leite por medio empezamos a falar de todo o relacionado co seu medio.
Ofreceuse en colaborar no que el puidese: darnos a súa opinión, consellos e criterios sobre todo o que concerniese en relación co monte. Quedamos en ir véndonos e así ir, aos poucos, achegándonos as súas ideas e consellos.
Cando sucederon estes últimos incendios a súa preocupación era evidente e eu seguía as súas publicacións. Evidentemente Javier mostraba a súa indignación por todo o que estaba a acontecer.
Pero quen ía dicir que aos poucos días Javier deixábanos? Non mo podía crer cando saíu a noticia no Facebook, non era xusto , el non tiña porque irse, necesitabámolo aí, no seu xardín, coidándoo como el sabía.
Tras uns días pensando en como poder renderlle a miña pequena homenaxe púxenme en contacto con Enrique Alvite e pedinlle a súa colaboración.
Unhas fotografías que fun copiando do seu muro e a interpretación de Alvite é a miña achega para ter no recordo a Javier Viéitez .
Grazas Javier por todo o que me ensinaches.
Juan José Esperon Recarey