Marisa Lozano Fuego
Cando somos paxaros
Somos paxaros e voamos por enriba desa loucura, de toda esa rabia terrena, de toda a nostalxia mortal. Somos paxaros, sementamos nas nosas gorxas esas verbas, esas verbas sacras, silenzos que non se poden engurrar. Somos paxaros, sabes, ninguén pode picar os beizos de todos os bicos pasados, de todos os que poden vir.Se fuches paxaro e o eres, se o fomos e o sigues sendo, endexamais vas esquecerte desta sensación de voar. Sínteme voando contigo, ó teu carón, moi suaveciño, inda que non me vexas ou oias, eu sempre seguirei aí.Sabes que sempre fun paxaro, ás veces roubáronme as ás, pero seguen, seguen zoando, e seguen latexando en min.E sabes que cando as desprego son a ave más rebelde, o pardal más doce, máis fero, o falcón máis tenro de aquí.Ti me ensinaches a quererme, a quererme e erguir as ás, coma esos paxaros do libro, coma as flores do edelweiss, coma os lirios e as carnívoras, coma tódalas raíces bravas..e tamén, meu amor, tamén, coma se non fora irreal.
Ti me ensinaches que a amizade era camiño á liberdade, que debía tasarme alto, que non debía choromicar.
E mírame, sigo aprendendo, meu paxaro negro, orguloso, coas pestanas máis fermosas do ceo e da eternidade.
Sabes, non podo darte mostras de que hai algo alí enriba, o que sí podo asegurarche é que sorrí para ti.
E que nese ceo e camiño as nosas ás poden bicarse, inda que os rostros non o fagan…por favor, voa preto de min.