Tribuna Viva
Resposta ao Sr, Telmo Martín (PAC Baltar - Sanidade de calidade)
Despois de ler as publicacións do Sr. Telmo Martín, da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e outros persoeiros de alto cargo, aos membros da Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo e da Federación de Anpas O Con, quédanos claro que hai persoas que se negan a morderlle a man a quen lles dá de comer ainda que sexa en perxuizo dos seus veciños e veciñas, politizándoo todo en aras de chegar ao poder e non de mirar polas persoas ás que dín querer protexer e buscar o seu ben.
Polas palabras do Sr. Temo Martín, vese a todas luces que nin falou coas asociacións que estamos facendo cabeza neste momento deste movemento, pois coñecemos de primeirísima man (dos pacientes e facultativos) os problemas que hai no centro de saúde de Baltar.
É certo que hai dúas prazas de pediatría no centro, as cales atenden aproximadamente a 2.600 nenos e nenas (1.200 e 1.400), pero unha delas está como está porque as baixas, xubilacións, etc.non se cubren coa convocatoria de novas prazas. Según fontes cercanas aos postos máis altos nos dín que non dá para tres pediatras porque consideran que 800 nenos por facultativo son poucos, e a nós parécenos unha barabaridade.
Respecto ao pediatra de garda, estaríamos dispostos a prescindir del sempre e cando fose cuberto o servizo por tres pediatras de 8.00 a 22.00 h. O único que nos trasladaron foi unha rotunda negativa, e en ningún momento nos instaron a falar e negociar, nin sequera chegaron a replantearse unha reestructuración do servizo.
En canto á medicalizada, non entendemos por que motivo se volveu innecesaria unha ambulancia medicalizada con base no PAC de Baltar durante todo o ano cando así se aprobou e se publicitou na Guía do 061 no ano 2000, xunto coas súas isócronas. Non é que nós, de repente, nos sintamos superiores a calquera doutro PAC dos arredores, pois todos sufrimos, en maior ou menor medida dos recortes en sanidade, e non só os pacientes senón os propios profesionais, tendo que soportar unha maior carga de traballo, a incomprensión e o enfado de moitos enfermos; solicitamos que a base esté en Sanxenxo dado que se encontra mellor situada á hora de desenvolver o seu cometido de atender toda a área do Salnés, cunha elevada densidade demográfica.
Non dubidamos que os nosos facultativos e persoal da área de sanidade descoñezan os protocolos de actuación, pero é certo que, a miúdo, o PAC de Baltar se queda sen facultativo ao ter que trasladarse éste e mailo equipo sanitario de Atención Primaria, na ambulancia a Pontevedra con enfermos que así o requiren dada a súa gravidade.
Gustaríanos que á hora de valorar as peticións veciñais, se puxeran, por unha vez na nosa situación e non contestaran desde a súa situación privilexiada, e, sobre todo, se prescindira do "politiqueo", se defendera o mellor para a cidadanía, e se deixara de negar a realidade defendendo o indefendible.
Un saúdo,
Mary Camiña e María Lores
Pdtas. APVS e Federación O Con