Antón Roel Villanueva
A Carballeira de Manuel María
No pasado ano adicado ao poeta Manuel Maria un fato de veciños pensaron que un xeito de homenaxear o poeta da natureza que lle cantaba aos rios, aos muiños e aos paxaros merecia que un pequeno recuncho de natureza na nosa cidade levara o seu nome e pensaron na derradeira carballeira que queda no casco urbano a carón dos Gafos onde ao rio roubaronlle a luz cando o taparon e alí colocaron un cartel de Carballeira Manuel Maria Poeta Da Natureza, un recuncho con encanto moi frecuentado polos cidadans nos seus paseos na compaña do marmurio do rio ca sombriza do carballos ameneiros, loureiros, etc.
O cartel durou o que dura un inverno. Xa non está, non sei a quen puido molestarlle que un espazo levara o nome dun poeta a carón dun rio moi semellante a onde naceu do cal escribía que no verán tocaba o fondo coa man como o noso Gafos, o rio mais maltratado e con mais agresions medio ambientais ao que lle roubaron nun tramo a sua luz agora tamen o deixan sen a compaña do poeta que escribia e defendia os rios ainda que fosen pequenos e maltratados e que a ninguén parece importarlles.
Velai a tristura do río cando en abril reverdece a herba das orelas e medra o fiuncho e recende a mentrasto e loureiro axiña an florecer os narcisos e lirios e chegaren as volvoretas e xoaniñas da sorte cando xa non é tan alegre o canto do xilgaro e o paporrubio. Xa fuxíu do lugar unha garza que nun tempo frecuentou a carballeira e vixiaba dende as polas dun xigantesco cedro a carón do cartel do poeta. Xa non estaba a gusto nun espazo que alguén non quere que se chame co nome do poeta que os defendia e escribia deles.
Din os veciños con sensibilidade que non se renden e volverán colocar outro cartel agardando que non o volvan sacar. Supoñen que foi unha gamberrada que non se volverá repetir pois non pensan que un recuncho tan pequeno teña o nome dun poeta nunha sociedada e cun mínimo de sensibilidade cultural. A ninguén tiña que molestar. Ninguén merece semellante aldraxe e menos un dos máis grandes poetas nosos, remato como escribía nosa Rosalia… Triste é o cantar que cantamos pero que lle hei facer, se outro millor non ai.