Alberto Argibay
Transparencia, Renovación e Profesionalización
Ante a actual situaciòn do Pontevedra, C.F. S.A.D. desencadeada pola desordenada e ineficaz xestión desenvolvida nas últimas tempadas polos respectivos consellos de administración co progresivo deterioro a nivel social, unha evidente decadencia a nivel deportivo, e sobre todo unha condición económica que lastra calquera formulación de futuro, é necesario un punto de inflexión e de intensa reflexión de todos os afeccionados, aboados, así como axentes e institucións próximas ao club.
Abonda facer un pouco de historia, ou mellor dito, coñecer un pouco a nosa historia, para entender que o Pontevedra C.F. foi ao longo dos seus anos de vida unha entidade que foi abandeirado e imaxe da nosa cidade, imaxe que levou con moito orgullo por todos os campos de España e sobre todo do seu fútbol profesional. ÿ necesario entender ambas as dúas cousas para poder definir o espazo a ocupar polo club e cuales os obxectivos a perseguir para poder reflotar a entidade e sacala deste ostracismo que fixo que na actualidade sexa unha entidade dirixida con criterios afeccionados e carentes da máis mínima coherencia e sentido da responsabilidade.
Tras a conversión en S.A.D. apélase á reorganización profesional co ánimo de facer do Pontevedra C.F. unha entidade máis ambiciosa e competitiva, á vez que nace un marco xurídico para a nova entidade que permita delimitar e definir responsabilidades ante calquera tipo de dirección ou xestión neglixente. Realmente ningunha das dúas cousas se conseguiron dende o momento en que se incorreu nun círculo vicioso que se caracterizou máis polo clientelismo que pola profesionalización, e que rematou coa deprimente e decepcionante etapa que estamos a vivir, cuxa principal característica é a falta de transparencia cara aos verdadeiros protagonistas da constitución do Pontevedra S.A.D., é dicir, os seus actuais accionistas, que son moitos, e que fixeron no seu momento un enorme esforzo e mostrou un forte sentimento cara á entidade para que isto fose posible.
Polo tanto, estamos ante un momento moi importante para o futuro e supervivencia da entidade, que nos obriga a todos a ser máis proactivos se queremos construír un Pontevedra C.F. S.A.D. con futuro, ou pola contra podemos enfrontarnos á dura realidade doutros clubs españois ao bordo da desaparición. Pero nese contexto volve ser fundamental a actitude e a enerxía do afeccionado da pé, que día a día, domingo a domingo estivo a acompañar nos bos momentos o equipo. Lamentablemente hoxe a motivación non é a mesma, pero necesitamos abordar esta dificil situación e reconvertela nun punto de inflexión para que no futuro esta desagradable experiencia non se repita.
Por iso, e ante a inminente presentación do plan de viablidad a presentar polo Consello e a administración concursal, é fundamental a mobilización de todos os accionistas para, dunha vez por todas, esixir os cambios necesarios para que na entidade exista transparencia e respecto aos accionistas, unha renovación absolutamente necesaria no Consello de administración e sobre todo un modelo organizativo profesionalizado.
Non podemos pensar ou pretender que os cambios se produzan por si mesmos, se non que realmente o que necesita a entidade é unha auténtica revolución social e accionarial para sentar unhas bases firmes de cara ao futuro, pola contra seguiremos no ostracismo. A etapa da incoherencia, da politización debe quedar atrás e debe nacer unha nova etapa onde afeccionados e accionistas marquen o camiño, para que a entidade sexa independente e poida volver algún día ao fútbol profesional.
Persoalmente, espero que o actual Consello faga un exercicio serio de reflexión e de respecto aos accionistas, para darse conta de que o seu tempo na entidade esta rematado. ÿ necesario dar paso a novas persoas, a unha nova xeración de dirixentes que non estean lastrados polo pasado, que traian novas ideas e enerxía, que transmitan credibilidade, ambición. Sobre todo que teñan un proxecto que fomente fortalecer a identidade da masa social, que á fin ao cabo ao longo da nosa historia foi a que realmente, co seu esforzo e a súa paixón, conseguiu superar as etapas dificiles.
Só cun consello plural e representativo poderase recuperar a credibilidade ante os accionistas, e só cun proxecto que mostre un modelo claro de funcionamento e uns obxectivos definidos poderase volver conquistar o corazón dos afeccionados que hoxe en día, desilusionados, perderon esa esperanza.
O verdadeiro partido, o máis importante, non é o próximo domingo, se non a próxima asemblea de accionistas, onde todos temos a obligaciòn moral de mostrar implicación, de expresar o seu sentido critico e reflexivo para que a entidade poida saír reforzada e definir o que queremos para o Pontevedra, C.F. S.A.D. do futuro.
Pola miña banda hai tres principios fundamentais: Transparencia, Renovación total do Consello de administración e Profesionalización.
25.02.2013