Roberto C. Agís Balboa
Desmadre a la Americana
Unha noite fai moitos anos, sendo eu un neno, vin na televisión a película “A Noite dos Mortos Vivintes (1968)”, miña naiciña! A verdade daba medo e seguro segue a dar. Esta película foi criticada ó principio pola súa violencia gráfica, sen embargo, influiría no xénero de terror e nas películas de zombies do futuro.
Aínda hoxe teño a imaxe de Ben, un dos protagonistas, na mente. Ben sobrevive a un inferno de noite, aislado nunha casa, rodeado e atacado por zombies que o queren papar. Ben aíslase no sótano da casa e ahí sobrevive ata que se fai de día. Pola mañá e xa máis relaxado é aquí cando Ben se acerca a unha ventá alertado por ruidos de xente, un grupo de cazadores de zombies. Por desgraza, confundeno con un zombie e mátano dun tiro na cabeza. Tanto loitar, sobrevivir... para que o final os teus te rematen.
O curioso é que ista película trouxome imaxes da situación política española, no cal, debido a pasividade coa que se toman as cousas, non se sabe si a política está viva ou está morta, ou se os políticos levan sangue polas veas ou qué? A veces non se sabe quen é quen, a corrupción segue o pé do cañón, non se sabe quen vai gobernar nin con quén, nin se haberá ou non novas eleccións... Nadie sabe nada e outros pensan o saben todo.
¿Qué é mellor, que os nosos políticos se aislen coma Ben nos sotanos das súas sedes ou partidos para protexerse, ou plantarlle cara a realidade co perigo que iso conleva? ¿Quén fai qué? ¿Ou nadie fai nada e andan todos a velas vir? Porque aquí señores parece que cada un mira polo seu e o país e os españoles lles importan ben pouco. Acórdense que isto non é unha película, é a realidade.
Había outra película titulada “Os Catro Xinetes do Apocalipsis (1962)”, onde se falaba da chegada de catro xinetes: a peste, a guerra, a fame e a morte. En España temos catro grupos, pero os seus catro xinetes (co que cada un representa) a veces non se sabe a que están, si a tratar de formar goberno ou a tratar de salvarse eles mesmos da queima ou a pillar o maior cacho posible. A verdade, dende fora parece non fan nada, bueno si, fan algo, cobrar cobranche bien. Isto último si non se lles olvida.
Por outra banda, se non se formase goberno e foramos a unhas terceiras eleccións, aposto a que seguirán os mesmos catro xinetes encabezando os seus partidos, e cabalgando as suas monturas. ¿Por qué? Porque ningún deles aceptará as súas responsabilidades, nin os fracasos, dirán que o fan polo país e a súa xente, que bonito!. O final os culpables serán os cidadáns por votar como votaron.
Non sei se sobrevivirán a tantos días e tantas noites, non sei se caerán ou se os farán caer do seu cabalo, non sei se haberá cazadores que serán cazados... o que si sei é que as multas dende Europa serán de miles de millóns, que a estabilidade do país podese converter en inestable e con gravísimas consecuencias para todos, que non hai tempo para vacacións de agosto...
¿Quén pagará e está a pagar as consecuencias? Sinxelo, os de sempre, todos nós señores, todos os cidadáns deste país. O que está claro e que esta segunda transición (como lle chaman algúns) que estamos a vivir parece máis un cachondeo político ou o guión da famosa película “Desmadre a la Americana (1978)”. Está a dar e dará moito que falar e por moito tempo. ¿Iso é o que nos gusta non, falar de fútbol e de política? ¿Será que temos o que merecemos?