Roberto C. Agís Balboa
Apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico en Galicia
Despois do verano está previsto que entre en vigor o Decreto que regule o coñecido alquiler de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico en Galicia. O curioso do decreto é que parece ser non tivo en conta a opinión dos arrendadores e arrendatarios das vivendas. Sen embargo, si parece tivo en conta as demandas e suxerencias do sector hosteleiro.
Aparte da falta de información sobre o tema, isto está a crear certo malestar entre a poboación, xa que milleiros de persoas en Galicia alquilan na época turística algún piso, unha casa, etc. Isto produce un ingreso os arrendadores que lles axuda a pagar os impostos, hipoteca ou a ter un ingreso extra, pero sobre todo, cubre unha demanda de moitos turistas que elixen está opción a hora de ir de vacacións.
Isto non é novo, como todos sabemos pasa dende hai moitas décadas, e así xurdíu o turismo en moitos concellos de Galicia, incluso antes da existencia de hoteis, campings, etc. Está claro que hai que dar un servizo de calidade,… pero o decreto ten que pretender regular esta actividade e non eliminala ou perxudicala gravemente en beneficio dunha soa das partes. Noutras comunidades autónomas hai asociacións que defenden os intereses da parte afectada. En Galicia aínda non hai, pero parece que existe algún movemento en pro de crear unha. Recordar tamén que os que elixen está forma de facer turismo, elíxena eles porque queren, por comodidade, cercanía coa xente ou un lugar, e ademáis repercuten no comercio local xa que compran nos supermercados, tendas, etc. Esto contabílizase en miles de millóns de euros en España.
O importante é ter claro antes de nada en que grupo entra cada un. Hay tres grupos:
- Os apartamentos turísticos, e decir, por exemplo un bloque de apartamentos “destinados na sua totalidade a aloxamento turístico, sen carácter de residencia permanente….”.
- As vivendas turísticas son “establecementos unifamiliares aillados nas que se preste servizo de aloxamento turístico, con un número de prazas non superior a doce….”.
- As vivendas de uso turístico son “as cedidas a terceiras persoas, de maneira reiterada e a cambio de contrapestación económica, para unha estancia de corta duración…”. A cesión será “inferior a trinta días consecutivos” e considerase reiterada “cando a vivenda se ceda duas ou mais veces dentro do período dun ano”.
Neste terceiro grupo é onde entrarán seguramente a maioría. Son os famosos pisos de alquiler, ou aqueles que alquilan unha pranta da casa mentras eles viven noutra por exemplo. Recordar que non se permitirá a cesión de estancias, e decir, non se poderán alquilar habitacións. As vivendas de uso turístico terás que dalas de alta en turismo e ter todos os papeis en regra. Deberás facer unha declaración responsable, ter follas de reclamacións, facer o rexistro de viaxeiros por internet informando a Garda Civil, etc. A calefacción non será necesaria se alquilas entre xuño e setembro, ambos incluidos.
O importante é que unha vez se teña claro en que grupo cae cada un, terá que facer os papeleos pertinentes que require o decreto e cumprir os requisitos que se pidan. Unha vez se aprobe o decreto, haberá 6 meses de moratoria para poñer todo o día e dar de alta a vivenda. Por elo, aconsellolle a todos os interesados ou afectados que se lean ven o decreto porque hai varios requisitos que cumprir e importantes, en calquera das tres opcións.
Por outra banda non estaría mal facerse escoitar e que o goberno da Xunta escoitase tamén o que teñen que decir os donos dos pisos e vivendas de aluguer, así como o colectivo de turistas que usa esta opción vacacional, antes de que entre en vigor o decreto. Non queda moito tempo, así que hai que poñerse as pilas.