Roberto C. Agís Balboa
O botafumeiro voador
Por qué hai un botafumeiro na catedral de Santiago? O botafumeiro está na catedral dende hai centos de anos. Seica alá polo século XII a hixiene non era tan pulcra coma a de agora, e os peregrinos chegaban suados da súa viaxe e incluso dormían na catedral,… Podedes imaxinarvos a mestura de cheirumes que alí dentro se darían. Para solucionalo, un gran botafumeiro ou inciensario. O cheiro do incienso queimado enmascaraba o mal cheiro, pero o botafumeiro debía moverse para que se propagase por toda a catedral.
O botafumeiro actual pesa 53 Kg, mide 1.5 metros e está colgado da nave central mediante un sistema de poleas a uns 20 mts de altura podendo acadar ata 70Km/h. Miña naiciña, mais rápido co famoso Vespino! (sen rectificar claro). Tiven a oportunidade de velo funcionar varias veces fai anos, e a verdade, fora de ser fan ou non dos temas relixioxos, é un espéctaculo digno de ver. Para movelo fan falla 8 homes que coñecemos como "tiraboleiros". Hoxe en día o botafumeiro usase como motivo litúrxico e tamén como atractivo turístico. Video que amosa o seu funcionamento:
"Como funciona? En física, o botafumeiro forma un sistema de forza central onde o producto r x mv é constante (r = vector de posición; m = masa; v = velocidade). Así, si reduces o vector de posición "r" a metade, a velocidade "v" se incrementaría por dous. Despois dun pequeno empurrón, os tiraboleiros tirán pola corda a cal se despraza hacia abaixo mais ou menos 1.5 mts. Debido a un sistema de poleas o botafumeiro elévase uns 3 mts. Según as leis da física isto reduce "r" o cal produce un aumento de velocidade. Algo parecido o que fai o noso campión do mundo de patinaxe, Javier Fernández, cando para dar voltas recolle os brazos e pegaos o seu corpo. Isto fai que a sua velocidade aumente. Cando o botafumeiro está no alto e se para, os tiraboleiros soltan corda e o botafumeiro cede os 3 mts. Agora comeza a baixar acadando a máxima velocidade no punto mais baixo e outra vez tirón e repítese o ciclo."
Chega un momento, despois de 18-20 tiróns, que por moito que tiren, o único que fan os tirabolieiros e mantelo movéndose. E decir, o botafumeiro acada o ángulo máximo de estabilidade e nunca tocará o teito (nesta catedral e baixo estas condicións). Isto é debido o "bombeo paramétrico", cando o botafumeiro que se comporta coma un péndulo oscila co seu máximo ángulo. Neste punto, o botafumeiro entra nunha réxime de estabilidade na cal disipa tanta enerxía pola fricción do propio botafumeiro e da corda co aire, coma a que se lle da en cada tirón ou bombeo. Creo que dende hai anos a mesma empresa proporciona o mesmo tipo de corda co mismo peso e grosor. Se se cambiase o peso ou grosor da corda, ista podería romper ou o botafumeiro pegar contra o teito.
Accidentes? Documentáronse algúns. Por exemplo, o 25 de Xullo (Día do Apostol) de 1499 o botafumeiro saíu disparado e foi petar contra a porta de Praterías. No 1622 o botafumeiro caeu preto dos tiraboleiros. O que está claro e que xa antes de Galileo, Newton,…. os galegos daquela aplicaban as leis da física sin nin siquera coñecelas. Mentres a Catedral de Santiago siga en pé, o botafumeiro seguirá sendo un dos seus actores principais. Como dixo a piloto Amelia Earhart "...tan pronto como despegamos sabía que tería que voar de agora en diante". Así lle pasou o botafumeiro voador.
Roberto C. Agís Balboa