Patricia Vilán
"Las leyes son como las mujeres, están para violarlas"
No ano 1988, un xuíz de Lleida proclamaba na súa sentenza a seguinte frase: "El acusado aprovechó su condición de patrono de la ofendida, aun cuando, ciertamente, esta, con su específico vestido, en cierta forma y acaso inocentemente, provocó este tipo de reacción en su empresario, que no pudo contenerse en su presencia".
Catro anos despois, outro xuíz absolvía de agresión sexual a un ATS que bicara os peitos da vítima porque esta xa tiña 60 anos: "Es difícil que la denunciante, de 60 años, despierte esos instintos en el acusado, que por su profesión tendrá sin duda mejores oportunidades".
O ano pasado, o tenente de alcalde do Concello de Moraña tiña o seu momento de gloria cando decía da presidenta da Deputación de Pontevedra: "Qué mala zorra y sinvergüenza".
Todas estas semellan "frases ilustres" de homes que ata poderían ter, nalgún momento, a condición de Fillos Predilectos das súas vilas. Precisamente, iso foi o que pasou en Valga. "No pasa nada. ¿Hay nueve votos? Poned diez. Las leyes son como las mujeres. Están para violarlas".
O home que tiña a honra de pronunciar esta frase é Castelao Bragaña, presidente do Consello Xeral da Cidadanía no Exterior naquel momento e que, algo mais tarde, aínda poñía a puntilla decindo "declamaba en privado, solo en privado"; "fue una reunión privada".
Hoxe, o grupo municipal socialista do Concello de Valga pedirá no pleno a retirada do título de Fillo Predilecto a Castelao Bragaña, mención que lle foi otorgada en 1998. Agardemos que todos os grupos municipais voten a favor.
Só así poderemos vivir nun país de mulleres e homes que rexeitan o machismo e defenden ás leis por riba de todo.