Antón Roel Villanueva
Bágoas polo río dos Gafos
Setembro no tempo dos amorodos das silveiras xa axiña han madurecer as uvas ca dor do ouro vello para escomenzar ca vendimia, reverdecen as ourelas ca choiva destes dias para ser verán non vai o río moi falto de auga, imos comentando as novas do río cando alguén dice que tratándose do Gafos a noticia de que non se vai sanear é a cronica dunha morte anunciada por tratarse do río das aldraxes.
Cando chegue a invernia cas choivas e se colapse o colector e reventen os pozos contamiñando o cauce e as tuberias non teñan capacidade para asumir as augas residuales dos poligonos e industrias a carón do río lembraremos que tivemos a solución para evitalo e non o fixemos e todos botaremos a culpa a outros ou miraremos para outro lado asumindo que é un caso perdido.
O sinto por unha xeneración que coñeceu un río precioso descontaminando no centro da cidade e no tramo máis fermosos permañece aínda tapado ao igual ca ría que coñecemos sen unha industria contamiñante quizáis nós somos culpabeis de deixar a ría e os ríos peor ca que nos coñecimos. O sinto por Vaipolorio ou a Defensa da Ría que seguen a loitar e non se renden sois sen o apoio masivo da veciñanza como sería o deseable.
Na nosa infancia cando os tempos estaban cambeando había un lema do maio francés que era que debaixo dos adoquíns estaba a praia, como explicamos nós a esta xeración que naceu con Celulosas aí e con o tramo máis fermoso do Gafos tapado que debaixo desa industria contamiñante que frea o progreso e a riqueza había unha praia, que non é un lema que a nosa xeneración se bañou nela e que debaixo deste paseo de formigón atopase un río que non son utopías nin contos de vellos nostálxicos que nós xogamos e bañámonos nel.
Asiña chega a Feira Franca e a cidade volta ao medievo virtualmente pero ao ver certas actuacións máis ben parece que nunca saimos, del nós seguen a gobernar dende un castelo próximo vxiantes que nadie salga do rebaño do exército dos caladiños que sega todo a estar como sempre, a fábrica contaminando a ría e o pobre río que sexa o río con máis vertidos e sen destapar é que non pensemos moito pois para pensar xa están eles o máis listos os políticos que viven deso e nós soio nos temos que preocupar de votalos nas eleccións.