Tribuna Viva
Pinocho na Canicouva
A Comunidade de Montes de Pontesampaio quere mostrar o seu malestar ante as falsas declaración realizadas no día de hoxe pola directiva da Comunidade de Montes de A Canicouva con respecto á instalación da planta de compostaxe.
En primeiro lugar, gustaríanos saber cando foron explicando casa por casa aosveciños de A Canicouva o proxecto que teñen pensado realizar, porque ao noso entender o único que fixeron foi buscar o apoio daqueles veciños que seguen a súa mesma liña política. Pero, en cambio, non recibiron estas mesmas explicacións os outros veciños desta parroquia que polo contrario non comulgan coas súas ideas.
Din que foi aprobado por unha maioría absoluta e entendemos que isto sí é legal, pero deberían explicar como obtiveron esa maioría absoluta. Gustaríanos saber cantos dese votos a favor da planta de ompostaxe foron delegados, entre eles os que corresponderían a persoas maiores que non saen da casa e polo tanto descoñecen o que se vai facer nos terreos de A Canicouva.
Por outra banda, a directiva da Comunidade de Montes de A Canicouva está a subestimar a intelixencia das outras 14 parroquias de Pontevedra, e polo tanto a intelixencia dos seus habitantes, posto que dín que ofertaron os terreos ao Concello despois de que Campañó e Verducido mostraran a súa oposición á planta de compostaxe. Se estes veciños rexeitaron este proxecto entendemos que é porque non produce colonia, precisamente.
Entendemos que a sentencia xudicial é firme,ninguén o discute. Pero non se pode negar que a planta de compostaxe e dañina co medio ambiente. Esta contaminará no só a auga de 500 casas de Pontesampaio, senón tamén os ríos e a atmosfera.
Para a Comunidade de Montes de A Canicouva, está planta só ofrece beneficios, entre eles, claro está, as promesas de Raimundo González cara os seu sveciños como melloras sociais e económicas, e incluso, tal e como saíu na prensa, recibirán moito cariño por parte do Concello. Para nós, esta planta tán so ofrece pexuicios, de feito, si se constrúe dita planta, baixa ela quedaran dous manatiales muy importantes para a parroquia de Pontesampaio.
Non entendemos que, se todo este asunto fose tan beneficioso e non teñen nada que ocultar, porque non se puxeron en contacto con nós para pedirnos a nosa opinión, xa que o lugar onde van a instalar a planta está no línea que unen ambas parroquias.
Fai anos, nos tempos de Franco, aquí en Pontevedra, expropiaronse terreos a varios veciños para levar a cabo a construción da estación de tren e o cuartel de Campolongo, coa promesa de que si deixaban de cumprir esas funcións, reverterían nos propietarios lexítimos. Iso, como sabemos, no foi así. Neles,construiusea cidade de pedra e os edificios da Xunta, respectivamente. Quen nos di que o día de mañá nos terreos que ocupe a planta de compostaxe non sexan ocupados por unha incineradora, unha empacadora o un almacén de lixo.
En canto a que non se reunirán con ningún grupo político, nós e toda a cidadanía sabemos, que estes encontross non serán necesarios posto que xa, o señor Raimundo Gonzalez, veciño de A Canicouva e concelleiro estivo, está e estará dirinxindoos na sombra. Tan só faltaría, que nos dixeran que a dita maioría absoluta obtida en asamblea foran grazasaos militantes do PSOE e do PP de A Canicouva.
O máis chamativo e que despois de darlles os terreosao Concello de Pontevedra, agora, recoñecen que non puideron analizar o proxecto en profundida, polo que entendemos que en realidade non saben que é o que se vai facer alí. De feito, nun primeiro momento pedironse dúas hectarias e xa están en dez ampliables.
Si os vecinos de A Canicouva foran pinocho o nariz chegarialle ata Celulosas.
Manuel Santos Míguez
Presidente da Comunidade de Montes de Pontesampaio.