Tribuna Viva
O sentido único no acceso ao colexio e campo de fútbol de PonteSampaio
A implantación este verán do sentido único na estrada que vai cara o colexio e o campode fútbol comprobouse que era efectivo e dou un bon resultado, axilizando o tráfico epoñendo fin aos contínuos atascos e problemas de seguridade que se producían nas proximidades da ponte medieval.
No seu día a decisión de aplicar o sentido único tomada polo goberno municipal, previo informe favorable da Policia Local, contou co apoio de todas as forzas políticas da corporación (BNG, PP e PSOE), da AMPA do colexio e dunha inmensa maioría dos veciños e veciñas.
Agora, unha vez comprobada a efectividade da medida, un grupo de veciños volve demandar o doble sentido de circulación nesa estrada.
Curiosamente son os mesmos iluminados que cando as riadas tiraron as pontes da Ponte Nova e Pozo Negro esixían da Xunta (daquela gobernaba o PSOE e o BNG) que as volvese construir coas pedras orixinais, aínda que houbese que buscalas no fondo do río ou non se sabe donde. Cando a Xunta, de volta gobernada polo PP, ergueu na Ponte Nova unha ponte de ferro, calaron e non dixeron nada. E igual silencio manteñen coa do Pozo Negro, que aínda está sen levantar. As súas reclamacións máis parece que teñan a ver con cuestións ideológicas que coa defensa do benestar do pobo.
O pasado venres 3 de outubro, a Asemblea da AMPA aprobou por maioría que o tráfico continúe con sentido único.
Dende a Asociación de Naseiros Alvedosa consideramos que hai que apoiar todo aquilo que sexa bo para o pobo. E poidemos comprobar, dende que etá en vixencia, que o sentido único funciona e soluciona os moitos problemas de tráfico existentes, mellorando ademais substancialmente a seguridade viaria nos accesos ao campo de fútbol e o colexio. Polo tanto, porque é razoábel e funciona, apoiamos decididamente que se manteña o sentido único na estrada.
Asinado: Antonio Álvarez Freijanes
Portavoz da Asociación de Naseiros Alvedosa