Tribuna Viva
"Presidente, quédate". Carta da Asociación de Peñas do Pontevedra CF SAD
Estamos a escoitar rumores de dimisión na figura do actual presidente granate, rumores que estamos a creer cada vez máis por mor dos continuos movementos que se están a facer en torno a entidade granate, pois desde esta Asociación das Peñas do Pontevedra CF SAD non damos creto a todos estes movementos que non levan a outro camiño que o retorno dunha nefasta xestión na nosa entidade, e sí, dicimos nosa primeiro por historia, levamos nela moitísimos anos máis dos que leva coma SAD, segundo porque somos donos dun pequeno anaco dela despois da conversión a sociedade anónima, e terceiro é nosa polo amor e paixón que lle temos a estas cores, lle pese a quen lle pese, sí é a nosa entidade granate.
Sen irnos do texto e voltando o tema principal deste escrito, a dimisión do actual presidente, empecemos un pequeno resumo polo principio, chegou nunca época que tódolos granates queremos esquecer, chegou rodeado dunha polémica e control político total, chegou coma segundo de abordo dunha persoa, por ter a cortesía de non ser maleducados, que xamáis queremos voltar a ollar nesta entidade e a cal queremos esquecer, cousa complicada, dentro das cores granates, pois deixando este paso atrás pasou a coller as rendas dunha entidade arruinada e mal dirixida, mal xestionada, e foi donde de verdade se deu conta do mal que se estivera a facer e do mal que estivera a xestionar e a decidir, deuse conta que moitas cousas importantes foran afastadas e repudiadas e que xa non podía estar máis calado, e non é so que falemos de nós, senón que tomámolo privilexio de falar da case totalidade dos siareiros granates, é máis, orgullecémonos de falar por eles.
Esta persoa, o actual presidente granate, foi a primeira en moito tempo que nos abriu as portas da nosa, e repetimos, nosa entidade granate, tendeunola man tragando saliva para facer que esquecéramos ese pasado cercano de actuacións persoais, irreais e porque non dicir anecdóticas no que se refire a inmesa cantidade de artigos que saian cada día en contra da persoa, calando por non ser irrespetuosos, do anterior dirixente granate. Abriunolas portas para que voltasemos ó noso lugar, ó noso fogar, que un clube sen siareiros era o mesmo cun equipo sen xogadores, quixo saber de nós, das nosas inquetudes, das nosas ideas, cantas desas puxeronse a funcionar e tendeunola man para que voltasemos a axudar, claro que rápidamente as arpías, pegas e corvos que rondaban no granate para os seus intereses persoais atáronlle a man en corto, pero xamáis deixamos de recibir o seu apoio, as súas preguntas, e a súa intachable educación, cantas veces ollamos ó rematar encontros pola xeografía galega detrás daqueles ollos que cada vez querían atalo máis e máis. Non imos deixar que o clube volte a encherse de pegas que xa levan tempo revoleteando ó redor do noso clube, que xa teñen a súa folla de ruta marcada e non é o cumprimento do que o Pontevedra ten e debe de ser, de donde ten e coma estar.
E xa coma reflexión final queremos saber, non só nós, senón a totalidade dos siareiros granates, xa está ben de silencios, de mentiras, de xogadas pola espalda, queremos saber a verdade que rodea á nosa entidade, de quen fai que, de porqué o fai, e de porqué temos que tragar con todo isto. ¿Tan complicado é dicir que é o que está a acontecer e quen son os que non paran de pornos pedras no camino?
Sr. José Manuel Fernández, desde esta Asociación de Peñas pedímoslle e rogamoslle, que pola mesma razón de amor a estas cores que nos une, que non abandone o barco por moita presión que reciba, eiquí ten o noso apoio, a nosa paixón, e sí porque non dicilo a nosa rabia por saber quen está a facer mal e a facer mal as cousas, rabia por ter que calar as veces, pero iso rematou, así que non o dude, eiquí nos ten e non somos poucos ainda que con poucas accións da entidade, pero moitas accións a levar adiante, non nos deixe, ben sabe que eses que queren entrar nesta entidade queren facernos desaparecer que prefiren ter un Pasarón calado e vacio que mil autobuses dunha afición volcada e criticona.
Non se vaia, non dé o brazo a torcer, non deixe que o Ponte morra, ben sabe que morrerá con esa calaña que entrou con malas formas e os que entrarán con peores. Desde eiquí as nosas humildes verbas e o máis meirande e incondicional apoio a súa figura e en especial a súa persoa, por primeira vez aparece un berro nas bancadas de Pasarón:
"Presidente Quedate".