Tribuna Viva
Acción Granate sinala empregados do Pontevedra pola intervención policial en Portugalete
Dende Acción Granate, aínda ledos e orgullosos do noso equipo pola clasificación a segunda rolda do Play-Off de Ascenso a Segunda B, queremos facer fincapé e lamentar o ocurrido cun grupo duns 25 seareiros granates pertencentes a Furya Granate, que no día de onte foron tratados de forma discriminatoria en Portugalete e que foron apartados e trasladados a unha parte do campo da Florida sendo vixiados en todo momento polas forzas de seguridade.
Queremos denunciar dende Acción Granate, este trato discriminatorio os seareiros do Pontevedra C.F. S.A.D. que foron identificados a súa chegada a Portugalete pola Ertzaintza, a policía autónoma vasca, cun listado facilitado dende o propio Pontevedra C.F. S.A.D.
O Colectivo Acción Granate, a través dos seus conselleiros, José Antonio Millán e Alberto Argibay, pedirán no próximo Consello de Administración que se depuren responsabilidades entre o persoal do clube por facilitar datos persoais de seareiros, xa que se podería estar vulnerando a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos Persoais, feito que sería gravísimo e lamentable.
Seguimos traballando por un futuro mellor para o Pontevedra C.F. S.A.D. e para as cores Granates.
ACCIÿN GRANATE