Zona franca e o Concello estudan a instalación dun Centro de Negocios no parque da Reigosa

Ponte Caldelas
07 de maio 2015

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, mantivo este xoves unha reunión coa Delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca, Teresa Pedrosa para estudar as posibilidades de instalar no parque da Reigosa un Centro de Negocios e de Iniciativas Empresariais que siga o modelo de éxito do desenvolvido polo Consorcio no parque empresarial de Nigrán

Teresa Pedrosa e Perfecto Rodríguez
Teresa Pedrosa e Perfecto Rodríguez

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, mantivo este xoves unha reunión coa Delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca, Teresa Pedrosa para estudar as posibilidades de instalar no parque da Reigosa un Centro de Negocios e de Iniciativas Empresariais que siga o modelo de éxito do desenvolvido polo Consorcio no parque empresarial de Nigrán.

A situación para a posible instalación dun Centro de Negocios e de Iniciativas Empresariais que se está a valorar sería nalgunha das dúas parcelas que son propiedade do Concello e que están perfectamente situadas no centro funcional da superficie de chan industrial que se conforma entre os parques do Campiño e A Reigosa.

Os responsables do Concello e da Zona Franca estiveron de acordo en que o índice de ocupación actual desta área xa fai necesaria a construción dun edificio dende o que se poida prestar servizos ás empresas instaladas e dende o que, tamén, se desenvolvan programas de apoio ao emprendimiento que diversifiquen a economía da comarca.

Un Centro de Negocios funciona como edificio central do parque onde se concentran os servizos principais para as empresas e usuarios da área industrial, tales como salas de reunións, salas de conferencias e outros servizos profesionais (servizos bancarios, asesorías, entidade de conservación...).

Arquivado en