Xestur aprobou a venda de solo no parque empresarial da Reigosa

Ponte Caldelas
12 de abril 2014

O prezo a pagar pola parcela de 1.500 metros cadrados é de 142.000 euros máis IVE e a empresa disporá dun prazo de oito meses para formalizar a venda en escritura pública

Polígono industrial da Reigosa, Ponte Caldelas
Polígono industrial da Reigosa, Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

O consello de administración da empresa pública Xestur autorizou na súa reunión desta semana diversas operacións de venda de parcelas, unha delas no parque empresarial da Reigosa.

En concreto no parque de Ponte Caldelas autorizouse a segregación dunha parcela de 3.427 metros cadrados, que se dividirá en dúas de 1.500 e 1.927 metros respectivamente. A división facilita a venda da parcela de 1.500 metros cadrados a unha empresa que se compromete a mercar a segunda parcela resultante da división nun prazo máximo de oito anos a contar dende a data de sinatura de escrituras da primeira parcela.

O prezo a pagar pola parcela de 1.500 metros cadrados é de 142.000 euros máis IVE e a empresa disporá dun prazo de oito meses para formalizar a venda en escritura pública.

Arquivado en