O consello de administración da empresa pública Xestur aprobou este martes a adxudicación dunha parcela de solo empresarial no parque de A Reigosa, en Ponte Caldelas.
A parcela adxudicata ten unha superficie de 1.263 metros cadrados.
No que vai de 2015, a Xunta vendeu "un 30% máis" de chan industrial que no período 2013-2014.
A oferta iniciada en xaneiro sobre 33 parques empresariais de Xestur Galicia, apuntou a conselleira Ethel Vázquez, permitiu adxudicar ata a data 252.400 metros cadrados en 111 parcelas por un importe de 10,75 millóns de euros; case tantos metros cadrados como os vendidos en 2008.
O obxectivo para este 2015 da Xunta é recuperar o nivel de vendas de 2005.