Nova xornada de protestas do plantel de ENCE, tras a anulación por parte da Audiencia Nacional da prórroga á concesión da pasteira.
Os traballadores, tras o polémico boicot ao pregón das Festas da Peregrina, deron un paso máis este mércores ao cortar o tráfico en dous dos principais accesos á cidade por estrada.
Desde aproximadamente as 8.20 horas da mañá, repartidos en dous grupos e ataviados cos seus xa característicos chalecos amarelos, os empregados da pasteira interrumpiron a circulación na saídas cara a Vigo e Marín, ocasionando importantes retencións.
No primeiro dos puntos situáronse no nó do Pino, mentres que no segundo posicionáronse tanto na PO-546 ou estrada vella a Marín e tamén na rotonda da PO-11 cortando o tráfico da Autovía.
En ambos os dous casos os protestantes, que habilitaron barricadas con queima de pneumáticos incluída, só permiten o paso aos camións cargados de madeira que se dirixen a ENCE así como a ambulancias e persoas con citas médicas.
Tras preto de hora e media e tras asegurarse de deixar acendidas as barricadas, no caso do Pino usando tamén algún contedor, os traballadores comezaron unha marcha ata o edificio da Xunta de Galicia en Campolongo para continuar después hacia el centro de la ciudad cara ao Concello e a Subdelegación do Goberno.