Arredor das 08.00 horas deste mércores 11 de agosto, traballadores de Ence e doutras empresas relacionadas coa fábrica pasteira saían á rúa e procedían a cortar con rodas queimadas e pancartas os accesos a autoestrada AP-9, tanto a través da PO-11 como no Nó do Pino nas dúas rotondas e na avenida de Vigo.
Eses cortes duraron aproximadamente unha hora e media e ata os lugares achegábanse patrullas tanto da Garda Civil, como da Policía Nacional e da Policía Local, ademais de dotacións de Bombeiros do Parque de Pontevedra. Os vehículos foron desviados por estradas secundarias.
Despois, o persoal da fábrica situado nestes dous puntos trasladouse camiñando en manifestación ata o edificio administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo e posteriormente á Subdelegación do Goberno e ao Concello.