A plataforma 'Non á Depuradora en Samieira' ven de presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo ante a falta de información sobre os traballos de procura dun emprazamento alternativo para a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). Segundo sinalan os veciños, solicitaron estes datos ata en cinco ocasións ao Concello de Poio entre o 20 de novembro de 2012 e o pasado 9 de setembro.
Os veciños emitiron un comunicado no que sinala que as solicitudes foron dirixidas á institución municipal, non só porque se trata da administración máis próxima ao cidadán e a encargada de mediar a favor dos intereses xerais dos residentes no seu termo municipal, senón porque o Concello de Poio é o responsable de buscar os terreos para esta infraestrutura e ostenta competencias tanto en saneamento como en ordenación urbana.
Al respecto, recordan que a institución local está actualmente redactando un novo PXOM e, polo tanto, de conformidade coa Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, está obrigada a precisar os terreos reservados para dotacións, equipamentos e servizos comunitarios, como a EDAR, e a definir con precisión o trazado das redes de saneamento.
Unha vez estudada a queixa dos veciños de Samieira, o Valedor deuna por admitida argumentando que se admite ao entender que reúne os requisitos formais e se dan indicios dunha conduta inconstitucional, posto que o Concello de Poio, como Administración Pública, serve con obxectividade os intereses xerais e actúa con sometemento pleno á lei e ao dereito (artigo 103.1 da Constitución).
O Valedor admitiu a queixa ao considerar que hai indicios de inconstitucionalidade
En consecuencia, o Valedor xa iniciou as actuacións oportunas ante administración local, requeríndolle, en primeira instancia, que no prazo de 15 días, informe á Institución sobre as circunstancias postas de manifesto por este colectivo e aclare as causas da falta de resposta, dando prazos e contidos a esta contestación, se é o caso.
Os veciños de Samieira sinala que "lamentamos profundamente esta actitude municipal", da que din que é "completamente antidemocrática" e que "o Concello de Poio mantén dende os inicios deste conflito", optando pola "confrontación con este colectivo veciñal" e cun "triste doble discurso que só busca confundir".
Ademais, amósanse convencidos de que "non se está poñendo todo o empeño en traballar nunha solución. Que se está deixando correr o tempo, paralizando conscientemente a materialización dun servizo público e condenando aos afectados a permanecer en vilo pendientes deste proxecto" e recordan que máis de 2.300 cidadáns asinaron en contra de este proxecto.