O colectivo ecoloxista Vaipolorío puxo en coñecemento do 112 os torrentes de auga ou "enxurradas" que están a chegar aos ríos Pintos, do Barco ou de Bois, afluentes da marxe esquerda do río Tomeza (Gafos).
Vaipolorío sinala como culpable destas escorrentías ás obras de construción da autovía A-57 que describen como a "navallada" ao monte da Fracha.
Estas achegas de auga arrastran gran cantidade de lodo ao leito dos ríos, o que xerou unha turbidez na auga.
Esta asociación leva 18 anos protexendo, estudando e divulgando o río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos.